Benvido(a) 37.10.164.122 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Banjo tell me 20 de xuño de 2016 ás 11:09 (UTC)Responder

Normas de conduta editar

 

Ola, 37.10.164.122. Grazas por colaborar coa Galipedia. Algúns dos teus comentarios feitos poden resultar ofensivos para outros wikipedistas e poden considerarse unha violación das normas de conduta, que son parte das políticas oficialis da Wikipedia. A Wikipedia baséase na colaboración voluntaria, polo que é fundamental que as interaccións entre usuarios se fagan de forma educada e respetuosa. Por favor, ten isto en conta ao comunicarte con outros usuarios. Grazas. Banjo tell me 20 de xuño de 2016 ás 11:09 (UTC)Responder

Marcadores editar

Ola, ip. Na medida do posible, sería fantástico que, no canto de engadires un marcador xeral de sen referencias nos artigo, empregrases o de cómprereferencia, que é máis específico e serve para sinalar con exactitude onde sería acaído achegar a referencia en cuestión. Ademais, ten a vantaxe de non dar a sensación de desleixo global no artigo. E sería ideal se alternas indicar o problema da falta de referencias con achegar unha ou varias ti mesmo/a, deixando así resolto o problema. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20 de xuño de 2016 ás 11:26 (UTC)Responder

Seino, eses artigos chamaban por unha ou varias referencias. En todo caso, un matiz: editor es tanto ti coma min. Non hai unha distribución nin unha prevalencia á hora de asumir as tarefas. Non se trata de que un sinale os problemas e outro vaia detrás solucionándoos. É ben que haxa un equilibrio, de aí o consello. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20 de xuño de 2016 ás 11:35 (UTC)Responder
Non hai de que. Calquera dúbida, non temas en preguntar, ben a min ou ben a outro usuario que ande dispoñible nese momento. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 20 de xuño de 2016 ás 11:44 (UTC)Responder