Benvido(a) 213.96.254.147 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:15, 2 de marzo de 2011 (UTC)

Xavier Rodríguez Barrio editar

Boa tarde, ip. Cal é a túa relación co persoeiro do artigo? --Atobar (conversa comigo) 14:28, 2 de marzo de 2011 (UTC)

De acordo, Ruth. Nese caso todo ben. Preguntábacho porque non está permitida a edición en artigos relacionados cun mesmo ou con alguén próximo, pero como non é o caso xa o deixamos. Bo traballo, boa estadía e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:11, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Grazas Atobar! editar

Prezado Atobar, son Ruth. Leo a esta hora a túa amable resposta sobre os breves engadidos que fixen á bio-bibliografía do poeta galego Xavier Rodríguez Barrio. Tan pronto remate e publique o estudo e antoloxía na que ando a traballar da súa interesante poesía (distinta e renovadora, todo un descubrimento!) fareicha chegar. Un saúdo e grazas pola túa cordialidade. Ruth Otero.