Benvido(a) 213.60.130.57 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Banjo tell me 3 de agosto de 2015 ás 09:38 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa

editar

Ola 213.60.130.57. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 3 de agosto de 2015 ás 09:38 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes

editar
 

Ola, 213.60.130.57. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 3 de agosto de 2015 ás 09:38 (UTC)Responder

Wikipedia:Verificabilidade

editar

"Os artigos deben basearse en fontes fiables, de terceiros e publicadas, cunha reputación para a comprobación dos feitos e a exactitude. As fontes deben ser materiais publicados (que estean dispoñibles para o público dalgún xeito); os materiais non publicados non se consideran fiables. As fontes deben apoiar directamente as afirmacións presentadas no artigo e deben ser apropiadas segundo o que se expoña. A idoneidade das fontes depende do contexto. En xeral, as mellores fontes contan cunha estrutura que permite comprobar ou analizar os feitos, os problemas legais, as probas e os argumentos. Os contidos relacionados con persoas vivas e coa medicina deben estar referenciados con especial coidado."

"En ningún caso se pode botar man de fontes publicadas por un mesmo como fontes de terceiros sobre persoas vivas, mesmo se o autor é experto, investigador profesional recoñecido ou escritor."

O cambio feito nese artigo non está referenciado, polo que non é verificable e mantense o estado anterior do artigo. Ademáis o artigo quedou protexido por Wikipedia:Guerra de edicións. Se podes achegar unha fonte de información que valide o cambio podes indicala na páxina de conversa do artigo e procederase a facer o cambio. Saúdos Banjo tell me 3 de agosto de 2015 ás 09:38 (UTC)Responder