Benvido(a) 195.254.148.42 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 17:10, 8 de xuño de 2011 (UTC)

A Meda editar

Ola!

Grazas polas túas achegas no artigo sobre a parroquia da Meda. Por favor, ten en conta que os artigos teñen que cinguirse ao formato habitual, e cómpre revisar a ortografía. Amais, algunha información non é preciso incluíla no artigo da parroquia porque xa está incluída nos respectivos artigos das aldeas de Córneas e A Meda.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de xullo de 2018 ás 10:32 (UTC)Responder