Benvido(a) 178.60.37.51 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Banjo tell me 4 de agosto de 2015 ás 18:37 (UTC)Responder

Premio Estatal de Xornalismo Cultural editar

  • Ola, ip. Poderías achegar alguha referencia para esta edición na que apuntaches que o autor quedou finalista do Premio Nacional de Periodismo Cultural 2021 concedido polo Ministerio de Cultura de España? Até onde eu sei, ese premio non ten finalistas; é dicir, non chegan nunca a ser públicos e non son nin figuran recoñecidos de xeito ningún. Nas roldas de votación para ese galardón en concreto, pode haber 2, 20 ou 200 finalistas, tantos como propostas presentadas polos diversos representantes designados (entre eles, un da RAG). Se ben chegar a esa rolda é meritorio, por seren deliberacións secretas non implica recoñecemento nin transcendencia pública de ningún tipo. Se ando eu enganado e este autor ou calquera outro aparece listado como finalista nalgunha páxina oficial, naturalmente basta con iso para referencialo aquí; de non ser así, procederei a retiralo nos vindeiros días. Insisto no mérito que por suposto teñen quen chegan a finalistas destes importantes galardóns, pero tamén en que cómpre retirar a afirmación por non se tratar dun premio con finalistas recoñecidos. Moitas grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de xullo de 2021 ás 16:02 (UTC)Responder
Ola de novo, ip. Revertín logo a túa edición. [1] Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo cordial. --Atobar (conversa comigo) 9 de xullo de 2021 ás 17:04 (UTC)Responder