Benvido(a) 148.3.2.219 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Chairego apc (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 23:19 (UTC)Responder

Opinións editar

Ola compañeiro.

En relación a isto, permíteme recordarche que, como moi ben sabes (porque xa levas máis de cinco anos por aquí), este proxecto non é o lugar para verter as túas opinións persoais sobre asunto ningún.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 16 de decembro de 2017 ás 00:38 (UTC)Responder

ortografía editar

En serio, Nemigo; cal é o teu problema coa ortografía? Podes entender que cada vez que editas fas que alguén teña que modificar? "Con" + "a" = "coa". Etcétera, etcétera, etcétera. Aburres moito. As túas edicións son valiosas e construtivas, pero nunca definitivas. Aburres. Etcétera. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de decembro de 2017 ás 22:50 (UTC)Responder