Dámosche a benvida á Galipedia, Zoecarballo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Sica Romero

editar

Ola, Zoecarballo. Podes pasar por Conversa_usuario:Cartografíaliteraria, por favor? Quizais debas ler o fío ese primeiro. ;) Saúdos! Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 21:13 (UTC) Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 21:15 (UTC)Responder

Samuel Merino

editar

Ola, Zoecarballo. Eliminei a imaxe no artigo de Samuel Merino porque está sacado da web Pompaeboato.com, e como se indica nela, ten tódolos dereitos reservados. Debes ter coidado porque na Galipedia (e na Wikipedia, por extensión) préstase moita atención ao dereitos propietarios. Un saúdo e a seguir.--MAGHOI (conversa) 20 de febreiro de 2023 ás 10:24 (UTC)Responder

Graciñas @MAGHOI Zoecarballo (conversa) 20 de febreiro de 2023 ás 12:04 (UTC)Responder

Sica Romero

editar

Ola Zoecarballo. Non te desesperes. Na Galipedia todos, dun xeito ou doutro estamos a aprender. O que pasou foi o seguinte: pasado un tempo prudencial da votación, quixen retirar a votación e fixen tódolos pasos correspondentes para arquivala, agás un, e retirei o marcador no artigo porque a existencia de marcadores dá mala impresión. O paso que me faltaba era marcar a fin da votación na páxina de votación porque non vía como poñerlle fin. Como todos temos outras ocupacións, isto foi o día 3; onte, día 4, HDH revertiu a miña edición no artigo (volveu colocar o marcador para borrado) e no historial avisou que primeiro había que pór remate á votación. Hoxe, cun pouco máis devagar, estiven estarabillando e coido que xa está todo correcto.

Como ves, aínda que pareza todo moi anárquico e sen xeito, tamén ten unha explicación. Agradezo que comentaras a túa queixa porque iso fará que espabilemos todos un pouco. Máis nada. Un saúdo e a darlle duro. --MAGHOI (conversa) 5 de marzo de 2023 ás 19:31 (UTC)Responder

Graciñas @MAGHOI pola explicación e os ánimos. Farei, espero que con algo máis de xeito, achegas de proveito. Zoecarballo (conversa) 5 de marzo de 2023 ás 21:21 (UTC)Responder

Nome de usuaria e arquivo de votación

editar

Ola, Zoecarballo. Se queres podes solicitar o cambio de nome de usuaria en meta:Steward requests/Username changes. Ademais, procedín a arquivar Wikipedia:Votacións para borrar/Sica Romero en Wikipedia:Votacións para borrar/Arquivo/2023. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xuño de 2023 ás 13:33 (UTC)Responder