Benvida á Galipedia, Susanalos!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 22:12, 9 febreiro 2009 (UTC).

Ola, Susanalos. Benvida á wikipedia. Gustoume moito o teu artigo sobre alea iacta est. Molaba que lle engadiras as fontes, para deixalo xa ben completo (en que libro Suetonio di iso, en cal di aquilo Plutarco...). Un saudiño, e calquera cousa que necesites, pregunta. --Xabier Cid Conversa 23:42, 9 febreiro 2009 (UTC)

Ola, Susana, que tal? Moi ben co artigo, :)

  1. Para asinar nas páxinas de conversa, o mellor é que cliques nun botón da parte superior (o cuarto pola dereita) que ten como unha rúbrica. Así queda ben escrito, con ligazón automática á túa páxina e coa hora e día da contribución.
  2. Cantas máis fontes mellor. O caso é que isto é unha enciclopedia, e non un dicionario, e o que é máis importante é precisamente todo o que arrodea a locución, non a equivalencia.
  3. Xa mudei a ligazón ao río Rubicón, que estaba rota.
  4. Vou revisar o que me dis da listaxe de locucións.
  5. Todos cometemos erros, e só dos erros se aprende. Non teñas medo en trabucarte. os demais estamos aquí pra botarche unha man no que cumpra. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 10:28, 10 febreiro 2009 (UTC)
Estiven buscando pero non sei a que te refires co da lista de locucións... --Xabier Cid Conversa 10:34, 10 febreiro 2009 (UTC)
Ola de novo. Moi ben o da cita. Na wikipedia úsase un estilo especial de incorporar citas, entre os códigos <ref> e </ref>. A axuda completa está aquí, pero ao mellor con que lle botes un ollo á edición que fixen na páxina, chega. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 17:19, 10 febreiro 2009 (UTC)

Marxe toda a do mundo. :) Toma o teu tempo. Vai a modo. Non pasa nada, que o conto é non mancarse. Moitas grazas por responderes as mensaxes e por faceres este esforzo ao comezo. Todo vai ser máis doado agora, xa verás. --Xabier Cid Conversa 19:35, 10 febreiro 2009 (UTC)