Benvida á Galipedia, DONAHIRO!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Arroases (conversa) 9 de maio de 2019 ás 15:51 (UTC)Responder

Saúdos e conselliños editar

Ola! Encantada de coñecerte no obradoiro de edición. Pesoume que, ao haber distintos niveis, ás que acabades de crear a conta non vos adiquei o tempo necesario. Por iso deixo aquí unha páxina onde hai moitas ligazóns a cousas útiles. Está un pouco liosa, pero irei mellorándoa no pouco tempo que teña. Quero animarte a que edites os poucos, sen medo. Tes a ligazón ao titorial do editor visual nesa páxina. No cadriño de benvida desta páxina de conversa (a túa) están as ligazóns ás cousas básicas. Vai practicando coa túa páxina de usuaria, creando unha subpáxina de usuaria ou na zona de probas. Un pouquiño cada día que poidas. Pasea polas páxinas de conversa: alí atoparas respostas útiles a problemas que nos teñen pasado a todo o mundo. Se non atopas como facer algo Pregunta sen medo! Revisa a túa lista de vixilancia para ver as correcións que fixeron nos artigos nos que traballes e vai tomando nota de que cousiñas queres mellorar/aprender no tema da edición. Moito ánimo e adiante! .Maria zaos (conversa) 10 de maio de 2019 ás 11:21 (UTC)Responder