Conversa modelo:Aviso médico

Artigos médicos editar

Penso que esta advertencia ten que se seguir ao pé da letra e borrar calquera tipo de como actuar, como facer en artigos médicos, eses textos só os poden escribir especialistas.--RNC 18:48, 17 decembro 2008 (UTC)

Proposta de borrado editar

Non sei se termos isto é necesario. O único que fai é ocupar espazo na parte superior dos artigos como se fose un marcador de mantemento. Todas as páxinas inclúen ao pé unha ligazón á advertencia xeral, que á súa vez liga co aviso médico. Suponse que os lectores deben estar ao tanto destas cousas, como da política de protección de datos. Como o vedes? --Toliño Fala aquí comigo 12:24, 17 de xullo de 2012 (UTC)

Non o teño claro; nalgúns artigos pode ser importante abondo como para poñelo explicitamente no cabezallo e non contar simplemente co aviso xeral ao pé. Realmente, non creo que a maioría dos lectores e lectoras estean ao tanto destas cousas. Hai moita xente que toma os textos de internet (wiki incluída) como palabra del Señor sen contrastar ou referenciar o contido, e falando de saúde quizais é importante ser cautos. Entendo o teu punto de vista, e comparto a idea xeral, pero non teño claro que o marcador sexa innecesario. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:43, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Eu tamén comprendo o que dis, non obstante, en caso de manterse, preferiría que fose dun xeito menos visible, sen ocupar toda a parte superior da páxina. --Toliño Fala aquí comigo 13:08, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Para min é prescindible. --Atobar (conversa comigo) 12:47, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Eu prefiro que se manteña, aínda que sexa máis pequeno, pero sempre ben visible e ó comezo do artigo. Demasiada xente, como di Estevo, quere aumentar explicacións, entender as enfermidades ou síntomas e busca consellos de saúde en Internet (e de alimentación e de tantas cousas), e cren e difunden o que alí len. Os bulos sobre o leite reciclado, os aditivos canceríxenos e os milagres que se poden esperar de comer limóns, allos ou baias de vai-saber-que circulan na rede tódolos días e o lector (moitos, algúns, non sei) non só os cre senón que os utiliza para rebater as opinións dos especialistas que intentan desmontalos (porque, xa se sabe de quen cobran os especialistas, que van dicir...). Estiven vendo varios artigos co aviso e non me sobra en absoluto. Pedro --Lameiro (conversa) 17:31, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Eu preferiría que se quedara como estaba ata fai pouco [1]. A un lado da pantalla. Non é un aviso de mantemento de artigos e non ten que ter o formato dos avisos de mantemento de artigos. --. HombreDHojalata.conversa 20:32, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Eu penso que debe quedar porque é importante que a xente teña as cousas moi claras a este respecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:40, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Supoño que xa veriades as ligazóns interlinguísticas... a Galipedia non é a única que emprega o aviso.
Noutras wikis, amais, tamén adoitan ter unha ficha para os artigos de enfermidades e sempre inclúen o aviso. --. HombreDHojalata.conversa 23:10, 17 de xullo de 2012 (UTC)

Proposta editar

Ben, pois xa que semella que vai quedar, eu proporía unha redución do tamaño e trasladalo á dereita, sen que desprace o texto cara abaixo (que quedase como unha imaxe). Non sei se me explico. --Toliño Fala aquí comigo 09:24, 18 de xullo de 2012 (UTC)

Conforme. --Atobar (conversa comigo) 09:27, 18 de xullo de 2012 (UTC)
De acordo. Pedro --Lameiro (conversa) 11:22, 18 de xullo de 2012 (UTC)
Concordo. Exactamente así é como estaba ata fai ben pouco. --. HombreDHojalata.conversa 14:27, 18 de xullo de 2012 (UTC)
A proposta que teño en mente é modificar a versión que tiñamos ata hai ben pouco e facela máis semellante ao modelo {{Caracteresxaponeses}}. Así. --Toliño Fala aquí comigo 17:48, 18 de xullo de 2012 (UTC)
Perfecto!--. HombreDHojalata.conversa 17:54, 18 de xullo de 2012 (UTC)
Concordo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:25, 19 de xullo de 2012 (UTC)
  Feito! --Toliño Fala aquí comigo 11:18, 26 de xullo de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Aviso médico".