Conversa Wikipedia:Wikiproxecto traducir biografías de personalidades de Galicia


Hehe, :) Algunha vez se dixera que empregar † é un símbolo relixioso, e que se debía evitar. ;) --Xabier Cid Talk 2 me, please 12:04, 12 de outubro de 2011 (UTC)

Houbo un conflito de edicións e optei por conservar o maior conxunto de cambios, antes de ir comer. Agora que estou de volta ... tendes razón! Hai que retiralas cruces. Mais sería mellor substituír en troques de borrar, para non perder ese dato que coido que é interesante. Ocórresevos outro símbolo ou outra maneira sinxela e visual de facelo?--. HombreDHojalata.conversa 12:52, 12 de outubro de 2011 (UTC)
A verdade é que non... Pero cal che é a vantaxe de saber que están mortos? --Xabier Cid Talk 2 me, please 12:54, 12 de outubro de 2011 (UTC)
Mudei a cruz por unha letra ƒ. Pois coido que, para alguén, podería ser máis atrainte traballar en biografías, en principio "pechadas". A verdade é que non sei moi ben como expresalo, pero paréceme un dato interesante, tendo en conta que non temos os artigos para consultalos. Igual alguén entende o que quero dicir e pode expresalo doutra maneira. Do mesmo xeito pódense desenrolar outros aspectos. Lugar de nacemento, por exemplo. O wikiproxecto inda vai en cueiros. --. HombreDHojalata.conversa 13:04, 12 de outubro de 2011 (UTC)
  • O f paréceme ben, pero eu tamén creo que non é necesario indicar se o personaxe morreu xa ou non. En todo caso, ti decides, HombreDHojalata, que es quen se puxo co choio de recompilar os nomes para o wikiproxecto. --Atobar (conversa comigo) 15:26, 12 de outubro de 2011 (UTC)
A páxina miña non é, é de todos. No traballo xa participaron varios, e espero que varios máis participen. Esa é a idea.
Pensándoo, igual o ƒ engade unha complexidade que non da froito ningún, e o wikiproxecto está feito para ser manexado mesmo por usuarios noveles. Haberá que ir borrándoo, logo. --. HombreDHojalata.conversa 15:37, 12 de outubro de 2011 (UTC)

Título editar

Propoño modificar o título polo de Wikiproxecto traducir biografías de personalidades de Galicia, posto que se refire a galegos e galegas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:49, 12 de outubro de 2011 (UTC)

  Feito!--. HombreDHojalata.conversa 12:18, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto traducir biografías de personalidades de Galicia".