Conversa Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras

Último comentário: hai 6 anos de Chairego apc no tópico Resultado da votación

Amplitude da proposta

editar

Creo que esta proposta de HombreDHojalata é moi interesante e que pode abrir novas portas ó proxecto, ademais de conseguir contidos moi interesantes. Parabéns pola iniciativa.

A dúbida que é teño é a "amplitude" do concurso. Se a idea é facer un traballo "interno" da Galipedia, creo que o resultado vai ser moi pobre (non coñezo a ningún galipedista que sexa debuxante ou pintor). Pero se a idea é facer un concurso aberto á sociedade, cousa que vería máis axeitada, creo que habería que "traballar" un pouco máis no premio porque creo que non é atractivo abondo.

A proposta ten moitas posibilidades, tanto de conseguir contidos de calidade, como de dar a coñecer o proxecto, pero hai que decidir ata onde queremos chegar con esta iniciativa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xullo de 2017 ás 16:15 (UTC)Responder

A amplitude está clara: "calquera pode participar". De feito, cando se lance, ía pedirvos que lle derades publicidade, entre os vosos familiares, amigos, alumnos… e contactos en xeral, a través de tódolos medios que queirades, iso inclúe tamén ás mal chamadas redes sociais (Facebook, Twitter…).
En canto aos premios, parécenme axeitados, e, intencionadamente, son de escaso valor económico, pola propia filosofía deste proxecto, de non retribuír aos colaboradores. O maior premio ten que ser o que tendes, temos, tódolos que levamos anos traballando nisto, a satisfacción propia de facer unha boa cousa. Para gañar premios pecuniariamente moi valiosos hai outros concursos, fóra da Wikipedia. Esa non é a nosa guerra. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xullo de 2017 ás 17:48 (UTC)Responder
Entendo o teu punto de vista HombreDHojalata, aínda que non o comparto. Se queres facer unha actividade "interna" esa idea é perfecta, pero se queres abrir a participación, a difusión e o interese, iso, aínda que non nos guste, non funciona. A outra visión é a que se segue no concurso de fotografía "Wiki Loves Monuments" que tantas e tan incribles fotografías ten achegado ó proxecto. Pero repito que respecto a túa opinión e axudarei no que digas en todo o que poida porque penso que é unha idea moi interesante e novidosa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 22:29 (UTC)Responder
Bueno, eu non compararía isto con Wiki Loves Monuments. É como comparar as quedadas organizadas por galipedistas coas de Wikimania, que só en billetes de avión, e hoteis, deben custar moitos cartiños :-) --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2017 ás 09:18 (UTC)Responder
Non é comparar HombreDHojalata, é ter unha "filosofía" ou outra..., e obviamente ten máis repercusión a "filosfía" de WLM. Está claro que non podemos, nin nos interesa, chegar ó nivel de WLM, pero a idea é usar a mesma filosofía dentro do noso "nivel". Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2017 ás 11:30 (UTC)Responder

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Non acabo de entender iso da filosofía. Se te refires a que hai que poñer un premio valioso, eu penso que non, canto menor sexa o valor (monetario) do premio, para min, mellor. O que queira colaborar aquí terá que facelo por outros motivos, non polo premio. O que queira un gran premio equivócase de sitio. Se non hai ninguén que queira participar... mala sorte. A outra cosa mariposa. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2017 ás 13:34 (UTC)Responder

Ollo, se ti tes forma de achegar un premiaso, valorado en moitos cartos, non me opoño. Adiante. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2017 ás 13:50 (UTC)Responder
HombreDHojalata, que tal un premio de 100 USD e outro de 50 USD para gastar na tenda de wikimedia? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2017 ás 20:54 (UTC)Responder
Paréceme ben. En todo caso o premio do libro ten que quedar tamén. Agora non o podemos quitar. --. HombreDHojalata.conversa 16 de xullo de 2017 ás 21:13 (UTC)Responder
Si, si, HombreDHojalata, a idea non era cambiar o que había, se non completalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2017 ás 21:43 (UTC)Responder
Pois entón quedamos así, hai dous premios máis, un bono de 100 USD e outro de 50 para utilizar na tenda de Wikimedia. Podemos deixar que cada gañador escolla o que prefire ou ordenalos, como vexas mellor. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2017 ás 22:53 (UTC)Responder

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Varias consideracións:

  • Non é bo andar mudando as condicións cando o concurso xa comezou (e xa hai participantes).
  • Hai cousas que non entendo (porque non as explicaches): Quen pon eses premios? Supoño que falarías coa xente de Wikimedia España. Non si?
  • Non entendo iso de que haxa que ordenar os premios ou que o gañador escolla. Non é un premio de 100 dólares e outro de 50?!
  • Porqué dous premios? Que necesidade hai? O conto está formulado para que haxa un só "gañador". Co sistema de votación que se puxo é probable que, inda que haxa varios candidatos, haxa un único votado. Nese caso, por exemplo, habería varios participantes, pero non saberíamos quen é o segundo clasificado! O pensaches? Cun único gañador o concurso ten sentido igualmente e cubre o noso obxectivo (de feito o obxectivo do concurso xa está cuberto a día de hoxe). Amais, amais, se temos excedente de recursos que poidamos adicar a premios quizais era bo reservalos: haberá máis convocatorias do WP:IDL, esta non vai ser a última. --. HombreDHojalata.conversa 18 de xullo de 2017 ás 17:08 (UTC)Responder
HombreDHojalata, respondo ós teus puntos:
  • O de cambiar as condicións era inevitable se queremos cambiar os premios. Eu o que non teño claro é cando comezou esta actividade, inicialmente comezou cunha nota na taberna para axudar a artellala antes de lanzala. Debatéronse algunhas cousas pero en ningún momento se comentou cando se abría o prazo para presentar obras, para min o concurso está en construción. De feito, penso que aínda non se publicou oficialmente en ningún sitio que está aberta a participación (ou polo menos eu non o vin), eu considero que o anuncio da taberna é un aviso para axudar na organización, non un aviso de comezo para presentar obras. Que xa haxa un participante non invalida nada xa que, como digo, para min non comezou o prazo de recepción de obras. A maiores, mellorar os premios dun concurso non é algo que lle moleste a ninguén :)
  • Tes razón, esquecinme de comentar, porque se me esqueceu, que o premio ofrézoo eu, non pedín nada a ninguén desta vez.
  • Si, hai dous premios, un de 100 e outro de 50 USD, podemos poñer que o primeiro clasificado recibirá o premio X, o segundo o Y e o terceiro o Z, ou dicir que os tres primeiros clasificados escollerán o premio que desexen por orde de clasificación. A min éme igual.
  • Creo que ter varios premios sirve para fomentar a participación xa que a xente animarase ó ver que hai varias posibilidades de conseguir algo. E cantos máis premios, máis participantes que gañan algo, repartindo un pouco hai para máis (se o prefires podemos facer tres premios de 50 USD... ;) Os gañadores poden ser os tres (ou X) que obteñan máis votos.
Se queremos fomentar a participación non podemos deixar todo agora porque xa haxa unha imaxe para o artigo. Para min non é ese o único obxectivo, penso que esta actividade pode dar moito xogo, por exemplo para darnos a coñecer noutros campos nos que penso que non nos coñecen abondo, como o da pintura e edición dixital, tamén servirá para conseguir publicidade da Galipedia xa que é unha actividade nova e que servirá para poñer uns momentos a atención dos medios de comunicación sobre o proxecto, e tamén dará a coñecer as licenzas libres entre un novo colectivo. Xa o teño dito, polo momento, para este tipo de actividades, recursos deste nivel poden conseguirse de forma doada, o problema é organizar cousas e conseguir xente que as leve adiante, como fixeches ti con isto HombreDHojalata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2017 ás 18:31 (UTC)Responder
Ah, outra cousa que me esquecín comentar, para que quede todo claro. O premio "está" aquí, levo todos estes días traballando para conseguilo e penso que non haberá problema :). Pero se non me sae ben a cousa non hai problema, comprométome a buscar eses premios ou de proporcionalos eu directamente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2017 ás 08:33 (UTC)Responder
  --. HombreDHojalata.conversa 19 de xullo de 2017 ás 15:25 (UTC)Responder
Vin o concurso de casualidade, metinme nel para ver que pasaba, e polo momento está a dárseme ben :). Entón que HombreDHojalata, poñemos eses dous premios na páxina (ou tres de 50, como prefiras)? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2017 ás 22:03 (UTC)Responder

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Mételle man, mete. --. HombreDHojalata.conversa 19 de xullo de 2017 ás 22:48 (UTC)Responder

E como os poño HombreDHojalata? Os 100 USD para o que teña máis votos, os 50 para o segundo con máis votos e o libro para o terceiro con máis votos, ou que os tres primeiros escollan por orde de votos? Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 07:55 (UTC)Responder
Como vexas. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xullo de 2017 ás 13:34 (UTC)Responder
Xa están engadidos os novos premios HombreDHojalata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xullo de 2017 ás 22:23 (UTC)Responder

Prazo

editar

Que vos parece o prazo, ata o 31 de xullo de 2017 ? --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2017 ás 14:39 (UTC)Responder

Eu ampliaríao até o 31 de agosto; penso que é preferible dar un mes de marxe para que poida participar máis xente e os debuxos sexan de calidade. Hai urxencia porque non hai ningunha foto dela, pero penso que agardando un pouquechiño poden obterse mellores resultados. --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de xullo de 2017 ás 16:19 (UTC)Responder
Pois eu poría de prazo ata o 31 de decembro, nos meses de verán falta moita xente e no comezo de curso hai que que preparar bastantes cousas, co cal non hai tanto tempo de sobra. Porque eu entendo que présa non hai ningunha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 22:03 (UTC)Responder

Proposta de cartel

editar
 

Fixen unha "especie" de cartel, mentres alguén non fai outro mellor, poderá usarse para enviar ós centros de ensino cos que se queira contactar, e para dar a coñecer en calquera outro lugar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2017 ás 01:15 (UTC)Responder

Claro, esta é unha versión inicial, podo cambiar as cores, tipos de letra, imaxes, textos, e o que vexades, para que quede mellor... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2017 ás 08:01 (UTC)Responder
Eli: Mudei varias cousas:
  • Engadinlle a licencia que corresponde por reproducir un logotipo ou marca rexistrada da Fundación Wikimedia
  • Puxen a frase inicial nunha soa liña.
  • Puxen o debuxo central máis diáfano.
  • Retirei a frase que fala de "Commons" e da licenza. Porque son detalles técnicos que, moi probablemente, o lector do cartel non vai entender e, en calquera caso, van explicados en WP:IDL. De todas formas, cando fagas referencia a Wikimedia Commons, Elisardo, faino así, con tódalas letras (e, cando sexa posible, con ligazón interna incluída). "Commons" non é nada. No proxecto hai dous conceptos que levan a palabra "Commons": o almacén Wikimedia Commons e as licenzas Creative Commons. Son dúas cousas moi diferentes. Para os usuarios noveis, a miúdo, son difíciles de entender e mesmo as confunden, precisamente, por ter nomes parecidos.
  • Engadín unha aclaración, moi importante, sobre o feito de que non se admiten calcos. Do contrario podémonos atopar con plaxios, que despois teríamos o desagradable traballo de rexeitar, coa conseguinte frustración para os participantes.
  • Mudei a dirección URL (de dúas liñas, que ninguén vai teclear) por un código QR.
  • Tamén retoquei, levemente, a distribución dos contidos no espazo dispoñible.
--. HombreDHojalata.conversa 18 de xullo de 2017 ás 16:34 (UTC)Responder
HombreDHojalata, moi bos os teus cambios, tes razón en todo, eu non din para máis, levoume tres horas facer esa cangallada! :)
Eu só engadiría un detalle. Xa sei que agora todo o mundo ten acceso ós códigos QR, e máis os novos, pero para os que non estamos tan adiantados eu deixaría a dirección web por algún lado. Así se alguén non ten acceso ó código QR pode entrar na Galipedia e teclear a dirección ou buscar esa páxina polo menos. Podes engadila nalgún recuncho? Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2017 ás 18:41 (UTC)Responder

Publicidade en escolas de deseño/debuxo

editar

Creo que deberíamos comezar, agora que o novo curso xa está aquí, a enviar comunicacións ás escolas de deseño e similares para ver se se anima a participación. Tamén se podería mandar a nova a algúns xornais para aumentar a difusión. Que vos parece? Que escolas de debuxo ou deseño hai en Galicia? Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 12:49 (UTC)Responder

Atopei os seguintes centros de deseño en Galicia e voulles mandar a información do concurso:
Vou mandar unha nota informativa a varios dos medios de Usuario:Elisardojm/Medios de comunicación para contactar a ver se se anima a participación, a ver se podo comezar hoxe pola noite. Nos seguintes días esperemos que se publique nalgún. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2017 ás 08:59 (UTC)Responder
  Feito!A ver como vai os seguintes días. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 23:36 (UTC)Responder
"A Galipedia lanza concurso para ilustrar a escritora homenaxeada nas Letras 2018". Código Cero. 21/9/2017.  --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2017 ás 07:34 (UTC)Responder
Vaia, acabo de atopalo e viña xusto a engadir a ligazón :) Hai que facer difusión para que a xente se entere e se anime a participar, a ver se nos seguintes días saen máis novas e van chegando máis imaxes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 07:39 (UTC)Responder
Un Wikiconcurso da Galipedia polo Día das Letras Galegas 2018, en Que pasa na costa. E no agregador de IGaciencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2017 ás 15:16 (UTC)Responder

Acabo de avisar tamén nos diferentes talleres gráficos das wikipedias. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2017 ás 16:27 (UTC)Responder

Sae tamén en Galicia Confidencial, A Galipedia organiza un wikiconcurso polo Día das Letras Galegas 2018. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 09:23 (UTC)Responder
Podcast do programa Galicia por Diante da Radio Galega, onde se fala do asunto (a partir do minuto 46). --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de outubro de 2017 ás 10:14 (UTC)Responder
Estevoaei, en tres palabras IM-PRE-SIONANTE!!!! Moito Estevo, moito e moi ben falado! :D Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2017 ás 17:03 (UTC)Responder

Acabo de escoitalo. Moi ben, Adrián! Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 3 de outubro de 2017 ás 20:47 (UTC)Responder

Nova no blog de Wikimedia

editar

No blog de Wikimedia acaban de publicar unha entrada coa información deste wikiconcurso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 08:12 (UTC)Responder

Votación

editar

Esquecemos indicar na páxina o prazo de votación, poñemos un mes? E tamén debería avisarse de que se está a facer esta votación, como mínimo na taberna, non estaría de máis mandar un aviso a tódolos usuarios. Que dicides Chairego apc e HombreDHojalata? Saúdos,—o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversacontribucións) 2 de xaneiro de 2018 ás 01:08‎

Paréceme perfecto. --Chairego apc (conversa) 2 de xaneiro de 2018 ás 16:22 (UTC)Responder
Xa está feito o aviso na taberna, logo pola noite a ver se me lembro de mandar a mensaxe en masa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2018 ás 14:25 (UTC)Responder

Resultado da votación

editar

Rematada a votación das imaxes o resultado é o seguinte:

  • María Victoria Moreno (pop art).png de Dende: 4 votos
  • Victoria Moreno.jpg de Hhebagonzalez: 5 votos
  • María Victoria Moreno.jpg de Chairego apc: 12 votos

Polo tanto, os gañadores xa poden escoller un dos premios dispoñibles por orde de número de votos acadados. Felicidades a todos e moitas grazas por esta valiosa achega!! Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 13:31 (UTC)Responder

Moitas grazas! Escollo entón o bono de 100 USD para gastar na tenda de Wikimedia. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 15:35 (UTC)Responder
Moi ben, pois xa imos falando, mándoche un correo agora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2018 ás 00:03 (UTC)Responder

Eu son o terceiro Dende (conversa) , agardaría a ver qué dí a segunda gañadora, namentres por min quedaría con bono de 50 USD. O que vexades a organización. Por certo, ademáis de ilustrador son deseñador, se tedes que facer algún carteéis ou deseño e que queredes contar conmigo non o dubidedes, sempre que teña tempo estaria encantado.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Dende (conversacontribucións) 1 de marzo de 2018 ás 18:38‎

Comento agora o problema que hai con este tema para que non se me esqueza máis adiante. Estamos tendo bastantes problemas para contactar cos usuarios que conseguiron un agasallo, para outra vez o que haberá que facer será pedir que os participantes teñan unha conta na Galipedia, que teñan un enderezo de correo electrónico asociado á súa conta para poder poñerse en contacto con eles, e que se pasado un tempo X, por exemplo un mes, se non se recibe resposta deles entenderase que renuncian ó seu agasallo. Non se pode estar pendente dunha resposta toda a vida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 02:19 (UTC)Responder
Despois de mes e medio desde que se decidiu o resultado do Wikiconcurso aínda seguimos esperando. Como di Elisardo "non se pode estar pendente dunha resposta toda a vida". Que facemos? --Chairego apc (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 08:39 (UTC)Responder
HombreDHojalata, ti que cres que debemos facer? Contactei varias veces con Hhebagonzalez na súa páxina de Commons e non obtiven resposta, e tampouco ten un enderezo de correo electrónico para avisarlle, así que... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 10:48 (UTC)Responder

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Non che sei. Fai o que estimes oportuno. --. HombreDHojalata.conversa 16 de marzo de 2018 ás 15:14 (UTC)Responder

Ben, entón vistas as dificultades de contacto co segundo gañador penso que debemos ceder a escolla do premio a Dende, polo tanto, poreime e contacto con el para darlle o bono de 50 USD. Iso si, se non consigo contactar con el antes dun mes dende hoxe, ese premio declarase deserto. Chairego apc, xa contacto contigo para darche o teu bono de 100 USD. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 09:13 (UTC)Responder
Acabo de ver que Dende activou a comunicación por correo electrónico, acabo de poñerme en contacto con el. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 09:27 (UTC)Responder
Premio do Wikiconcurso recibido! --Chairego apc (conversa) 20 de abril de 2018 ás 15:21 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras".