Código QR

tipo de código de barras bidimensional

O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994. Os códigos QR empréganse durante a fabricación para o seguimentos dos compoñentes. O sistema estase a facer moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais. O código está formado por puntos negros cadrados dispostos nun cadrado sobre fondo branco. Os tres cadrados das esquinas son para fixar a posición dos datos. O código pode almacenar datos numéricos, alfanuméricos, bytes/bits, Kanji/Kana e empregando extensións practicamente calquera tipo de datos.

Código QR
Tipomarca rexistrada
Data de fundaciónoutubro de 1997
Na rede
https://www.qrcode.com/
editar datos en Wikidata ]
Código QR co enderezo URL da Wikipedia en galego.

Normas editar

 
Selo do servizo postal alemán cun código QR.

O estándar xaponés para códigos QR (JIS X 0510) foi publicado en xaneiro de 1998 e o estándar internacional ISO (ISO/IEC18004) foi aprobado en xuño de 2000. Está en uso dende o 1 de setembro de 2006 - ISO/IEC 18004:2006 Tecnoloxía da información - Identificación automática e técnicas de captura de datos - Código QR ​​2005 simboloxía especificacións.

O código QR é aberto a diferenza doutros bidimensionais como o BIDI, os dereitos de patente son propiedade de Denso Wave pero están liberados e non son limitados.

Lectura editar

       1. Información da versión     2. Información do formato     3. Corrección de erros e datos4. Patróns requiridos
4.1. Posición
4.2. Aliñamento
4.3 Sincronización
     5. Zona morta
Capacidade de datos do código QR
Só numérico Máximo 7.089 caracteres
Alfanumérico Máximo 4.296 caracteres
Binario Máximo 2.953 bytes
Kanji/Kana Máximo 1.817 caracteres
Capacidade de corrección de erros
Nivel L 7% dos datos pódense restaurar
Nivel M 15% dos datos pódense restaurar
Nivel Q 25% dos datos pódense restaurar
Nivel H 30% dos datos pódense restaurar

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar