Conversa:Roca

Engadir conversa
Discussões ativas

UntitledEditar

Roca e rocha non se escriben igual, non son homófona e non teñen relación. A Galipedia é en galego, non en castelán. Coido que sobra este engadido: Este artigo trata sobre o aparello para fiar, para o significado de pedra véxase Rocha. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 10:04, 18 xuño 2009 (UTC)

  • Eu mudaríao por un {{Nonconfundir}}. Aínda que non sexan o mesmo, teñen unha grafía semellante (e antes coido que roca aceptábase como palabra correcta para dicir hoxe rocha). --Toliño Fala aquí comigo 13:39, 18 xuño 2009 (UTC)
Boa solución.--Atobar (conversa comigo) 13:53, 18 xuño 2009 (UTC)

-- Eu fun o que puxo o que roca tamén se pode referir a rocha e douvos algunhas razóns:

  • Nestes dicionarios da rede atópase roca tamén como sinónimo de rocha:
  • E despois no Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega aparece rocoso, e di, literalmente (cun final chafalleiro), o seguinte:
    • rocoso: adx. SEM. (semántica) "Relativo ou pertencente ás rochas". NORM. (normativización) É voz non recollida polo VOLG, vocabulario que si recolle o substantivo "roca" de que provén. Non obstante, os dicionarios máis recentes rexístrana de maneira coherente a carón de rochoso, que é a variante normalmente favorecida no estándar. Non debería haber problema, en todo caso, para aceptar sen reparos calquera das dúas variantes documentadas desde a Idade Media. E.G. (exemplificación) "Onde a noite non sabe/ da existencia/ dos que viven" escribiu Modesto Fraga do Centolo que emerxe rocoso no medio do mar" (ou "rochoso").

Conclusión miña: fago un {{outroshomónimos}} da páxina de roca, e eu poría por algún lado que roca como rocha tamén pode existir.--83.165.41.253 20:16, 24 xullo 2009 (UTC)

DúbidaEditar

...a persoa que fiaba tiña que xuntar as fibras e ennovelalas e ademais transmitirlle ao tecido a torsión utilizando o fuso.

Que é "ennovelalas"?--. HombreDHojalata.conversa 19:56, 8 de agosto de 2011 (UTC)

  • O novelo é o que en castelán se chama novillo. Ennovelalas é facer delas un novelo (pensa nos novelos redondos eses dos debuxos que os gatos desfan tirando do fío) --Atobar (conversa comigo) 23:44, 10 de agosto de 2011 (UTC)
Grazas--. HombreDHojalata.conversa 06:57, 11 de agosto de 2011 (UTC)
Xa, pero sucede que ese nobelo de fío (=ovillo, non novillo) é con b, mentres que o novelo (con V) é o fillo da vaca (=novillo), mellor xovenco. Aínda así, que exista un substantivo nobelo non implica que exista o verbo ennobelar; de feito, o VOLGA non o recolle. Onte vía eu un capítulo repetido dunha serie da tele na que un tipo explicaba como orificiar un condón. Pedro --Lameiro (conversa) 11:16, 11 de agosto de 2011 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Pois... regrazas--. HombreDHojalata.conversa 18:29, 11 de agosto de 2011 (UTC)

  • Si, grazas Lameiro, e boa aí esa corrección que me fixeches: ovillo, e non *novillo. Xa me soaba a min algo raro. --Atobar (conversa comigo) 18:41, 11 de agosto de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Roca. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 13:45 (UTC)

Volver á páxina "Roca".