Conversa:Manuel Quiroga Losada

Último comentário: hai 3 anos de Maria zaos no tópico Contido retirado

Casou con Marthe Lehman editar

Cómpre mudar a redacción no relativo a Marthe Lehman. Ao longo do artigo explícase ata cinco veces que casou con ela, resultando repetitivo e rompendo o fío de lectura. . HombreDHojalata.conversa 4 de decembro de 2013 ás 09:24 (UTC)Responder

Penso que xa está, retirei dúas ou tres alucións que había nunha mesma sección. Piquito (conversa) 4 de decembro de 2013 ás 15:17 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Manuel Quiroga Losada. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 08:01 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Manuel Quiroga Losada. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 19:55 (UTC)Responder

Contido retirado editar

Boas, veño de retirar o inciso indicado en negra.

Guilhermina Suggia, a violonchelista portuguesa (e unha vez compañeira de Pau Casals) describiu a súa interpretación de Il trillo del diavolo de Giuseppe Tartini como "marabillosa e impecable"

Razóns:

  1. A violoncellista está identificada claramente sen el.
  2. Contidos complementarios que garden relación co suxeito (Guilhermina Suggia) teñen o seu sitio na entrada correspondente, xa que o nome xa aparece cunha ligazón interna, toda vez que o suxeito, polas dúas razóns xa espostas, é claramente identificable.
  3. Resulta complexo deducir en que poderían cambiar, no contido e formas, as declaracións feitas por ela sobre Manuel Quiroga outros datos do ámbito persoal.
  4. A palabra usada, compañeira, pode entenderse en moitos sentidos. Revisando outras entradas noutras linguas e a súa bibliografía repítese a idea (errónea) de que na época se pensaba que Casals e mais ela estiveran casados. Manter o uso desta palabra esixiría engadir máis texto aclaratorio, que como moito tería cabida na entrada de Guilhermina Suggia.
  5. O lugar ocupado polo inciso podería levar a pensar que Guilhermina Suggia, como música e intérprete non tivese a suficiente autoridade por si mesma para que se lle recollan as declaracións, xa que se fai necesario indicar outros aspectos da súa vida para fundamentar este principio de autoridade.

Abro este fío porque é unha retirada de contido feita coa intención de mellorar a entrada, segundo a filosofía que se apuntou no Wikiproxecto mulleres, polo que se agradece o debate e outras alternativas. Grazas. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 6 de agosto de 2020 ás 17:14 (UTC)Responder

Volver á páxina "Manuel Quiroga Losada".