Conversa:Lista de episodios de O detective Conan

Último comentário: hai 9 anos de HombreDHojalata no tópico Título "de o"/"do"

Resumos

editar

Creo que deberiamos engadir os resumos dos episodios e a data na que foron estreados na TVG. Amais, poderiamos incluír os episodios non emitidos polo de agora na TVG. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.67.17 (conversacontribucións) o 30 de xullo de 2009‎ ás 12:59

  • Iso é moito choio, pero se te queres pór con el, claro que si. Estaría ben, e logo! --Atobar (conversa comigo) 11:03, 30 xullo 2009 (UTC)

Moi ben, eu póñome co asunto, pero vou precisar axuda na redación do texto. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.0.184.41 (conversacontribucións) o 1 de agosto de 2009 ás 17:17

Hai con esta páxina algún problema, non sei se era que moitos episodios aparecían sen separar, recuperei unha versión antiga na que aparecían os todos os episodios separados.--RNC 19:07, 14 novembro 2009 (UTC)
Paréceme desproporcionado engadi-lo resumo de cada capítulo. Sonche 300 capítulos e non sei cal pode se-lo interese enciclopédico de incluí-lo resumo de todos eles. Mesmo por razóns técnicas: de dar acabado ese chollo, a páxina vai resultar inmanexable. Pedro --Lameiro (conversa) 19:24, 14 novembro 2009 (UTC)
Claro que si o arigo ten problemas, estaria ben que un usuario que saiba do tema diga algo e si é necesario que faga un pedido de borrado dando as esplicacións. Outra cousa e borrar moito traballo doutros para deixar isto (Revisión como estaba ás 19:56, 14 novembro 2009). Hai dous problemas distintos.Elvira (conversa comigo) 19:38, 14 novembro 2009 (UTC)
Vós fixestes ben, recuperastes a información borrada; eu pola miña parte só borrei información que estaba toda xunta por falta de formato e que polo tanto se facía difícil de ler, tal como estaba non podía permanecer ou se separaba como o resto dos episodios ou tiña que borrarse.--RNC 19:43, 14 novembro 2009 (UTC)
    • Se queremos manter a información sobre cada episodio, podemos copiar o que optaron facer na Wikipedia en inglés: facer artigos separados de cadansúa temporada (por exemplo, Lista de episodios de O detective Conan (temporada 1)) e alí (dado que a lista sería de menor tamaño) incluír os resumos dos episodios. Nesta páxina só manteriamos a lista cos títulos e nada máis. --Toliño Fala aquí comigo 10:04, 15 novembro 2009 (UTC)

Adianto de información non confirmada

editar

Non creo que debamos adiantar os títulos de episodios non emitidos facendo unha tradución do xaponés. Que pensades? Non sería mellor agardar á emisión dos episodios na G2? --Toliño Fala aquí comigo 20:17, 28 novembro 2009 (UTC)

Data de estrea dos episodios

editar

Ola. Creo que todos podemos colaborar para mellorar este artigo. Por exemplo, neste mesmo artigo noutras linguas, inclúese a data de estrea en Xapón, algo que se podería traducir e poñer na sección da táboa de episodios correspondente. Para a data de estrea en Galicia podemos observar o historial da páxina do artigo O detective Conan, que contén as datas. Por favor, se tendes algún aporte incluídeo. Grazas a todos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.0.184.41 (conversacontribucións) o 3 de febreiro de 2010 ás 17:32

Título "de o"/"do"

editar

O título non debería ser Lista de episodios do detective Conan? (do mesmo xeito que faríamos, por exemplo: lista do que sexa da Coruña, e non Lista do que sexa de A Coruña). --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2015 ás 19:34 (UTC)Responder

Certo. Segundo as NOMIG ben podía se-lo que propós ou Lista de episodios d'O detective Conan. Saúdos.

Volver á páxina "Lista de episodios de O detective Conan".