Conversa:Instituto Xelmírez

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)

Título editar

Non estou de acordo co cambio do títtulo. Este instituto, que agora non existe como tal, nunca se chamou IES Arcebispo Xelmírez. Non sei a data en que comezou a chamarse deste xeito (Instituto "Arzobispo Gelmírez"). O nome que tiña cando pasou a ocupar o edificio da Compañía (de Xesús), data que tamén descoñezo, chamábase Instituto General y Técnico, como constaba no lintel da porta interna; este nome conservábase cando estodou nel o meu pai, na época de Afonso XIII, era mixto e ademais de cursárense as materias propias dun bacharelato típico, estudábase tamén, por exemplo, a materia "agricultura"; o seu plan de estudos era de sete anos, ao final dos cales, para poder entrar na universidade, había que aprobar o temido "Exame de Estado", de acordo coa lei de Educación daquela vixente, a famosa lei Moyano; cando eu fixen o "Exame de ingreso" nese instituto, aos nove anos, en 1951, aínda estaba vixente a lei Moyano, polo que tiven que cursar dúas veces, as materias "francés 1º e 2º", e "latín 1º e 2º" (co que tiven ocaasión, e tempo, de traducir íntegras De bello Gallico e De bello civili) xa que, ao comezar o terceiro curso cambiou a lei de educacuión (a reforma de Ruiz-Giménez); daquela, e despois da guerra civil , xa había en Santiago dous institurtos, o "Arzobispo Gelmírez" (masculino), e o "Rosalía Castro" (feminino).
As siglas IES (Instituto de Educación Secundaria) son "modernas", e por iso penso que non se deben aplicar a un centro educativo histórico.
Polo que solicito a restauración do nome orixinal que puxen cando fixen a primeira edición, por razóns hitóricas (e porque é o meu instituto). --XoioÉche o que hai 9 de abril de 2018 ás 16:32 (UTC)Responder

  • Si, erro meu: IES non ten sentido aquí. Con todo, creo que habería que deixalo en Instituto Xelmírez[1] e de aí redireccionar as restantes designacións (Instituto Arzobispo Gelmírez, Instituto Arcebispo Xelmírez etc.), cunha nota ao pé ou unha matización no inicio sobre a denominación oficial na época para o Ministerio de Gobernación. Inclínome por facelo así por ser o nome en galego tanto do persoeiro como dos actuais institutos e porque así é a súa denominación popular na nosa lingua. Vénme á mente o modo no que resolveramos deixar Carta Xeométrica de Galicia para o título e os outros nomes como redireccións. Se non tes inconveniente, Xoio, procederei a cambialo. --Atobar (conversa comigo) 9 de abril de 2018 ás 17:13 (UTC)Responder

Unha solución intermedia sería poñer o nome ou ben como Instituto Arcebispo Xelmírez (sen o IES), pero mantendo na redacción o nome Instituto Arzobispo Gelmírez (que foi o nomde que tivo durante moitísios anos), ou ben titulalo como O primeiro Instituto de Santiago de Compostela (demasiado longo). Vou modificar algo o texto, e incluír unha nota sobre o decreto de desdobramento que me faclitaches. Grazas.--XoioÉche o que hai 9 de abril de 2018 ás 17:40 (UTC)Responder

Certo, Instituto Arcebispo Xelmírez é outra posibilidade. Eu optei por Instituto Xelmírez, a secas, por ser a forma na que se cita na ligazón que acheguei. Coido que calquera das dúas valería; se ben prima a que vaia acompañada dunha referencia máis sólida. Mételle man e ao final, co que haxa, decidimos. --Atobar (conversa comigo) 9 de abril de 2018 ás 17:46 (UTC)Responder

Coordenadas editar

Dado que o instituto cambiou varias veces de emprazamento, non se poden poñer as súas coordenadas. En todo caso, deberían figurar en cada un dos artigos dos edificios que ocupou, se os houber, --XoioÉche o que hai 9 de abril de 2018 ás 17:45 (UTC)Responder

Non o teño moi claro. A ver se deitan luz HombreDHojalata ou Estevoaei. --Atobar (conversa comigo) 9 de abril de 2018 ás 21:23 (UTC)Responder

Isto é un exemplo
Localización inicial: 57°18′22.5″N 4°27′32.7″O / 57.306250, -4.459083
Segunda localización: 57°23′21.5″N 4°25′20.9″O / 57.389306, -4.422472
Localización actual: 57°33′19.5″N 4°23′57.8″O / 57.555417, -4.399389

Bueno, poderíanse poñer todas elas, nun cadriño, como o que poño eu aquí, á dereita. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 9 de abril de 2018 ás 21:48 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Instituto Xelmírez. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de decembro de 2019 ás 13:47 (UTC)Responder

Volver á páxina "Instituto Xelmírez".