Conversa:Galipedia

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Comentario A Enciclopedia Libre Universal é outro proxecto diferente da Wikipedia, e a wikipedia en galego é un dos proxectos da wikipedia, polo que é unha versión da Wikipedia e non da Enciclopedia Libre Universal. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 15:36, 4 xullo 2006 (UTC)

¿Alguén podería engadir unha referencia á creación da Galipedia no día 8 de marzo?. Eu só atopei esta pero só referencia o mes, non o día. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:58, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Untitled editar

Ademais indica que as primeiras edicións son de abril, non de marzo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:08, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Segundo o historial desta páxina a primeira edición foi o 12 de marzo: [1], fóra da Galipedia hai moitas referencias ao 8 de marzo, pero creo que todas están collidas da propia Galipedia polo que é un bucle, que creo que vai ser difícil de demostrar, a non ser que se considere o nacemento real o primeiro artigo e non o primeiro usuario.--Cheluco 22:13, 14 de decembro de 2010 (UTC)
Atopei outro historial, desta vez do 8 de marzo, supoño que será a primeira portada [2], xa que se colleu da interlingua, supoño que para ter algo [3] --Cheluco 22:17, 14 de decembro de 2010 (UTC)
Eu penso que esa é xusto a referencia que faltaba no artigo!, alá vai!. Moitas grazas Cheluco :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:36, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Edixgal editar

HombreDHojalata, penso que a información sobre Edixgal non debería eliminarse do artigo. Pode redactarse doutro xeito se o texto anterior non che parece correcto ou tal, pero penso que é interesante que se indique que na páxina principal da contorna virtual de aprendizaxe da Xunta de Galicia hai unha ligazón á Galipedia... Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2018 ás 14:50 (UTC)Responder

Se fose certo si, pero é que non o é. --. HombreDHojalata.conversa 15 de maio de 2018 ás 14:54 (UTC)Responder
HombreDHojalata, é certo, aínda que había un pequeno erro, a ligazón non está na páxina principal de Edixgal, está en tódalas páxinas xerais da aplicación (cando entras como usuario rexistrado, claro), está no pé de páxina xunto a unha ligazón ó dicionario galego, que liga co DRAG, outra ligazón a Procomún, que liga con Educalab e outra ligazón a Espazo Abalar, que liga co seu repositorio de contidos educativos. Incluso cambiando de lingua, a inglés ou castelán, liga á Galipedia. Podes velo aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2018 ás 17:48 (UTC)Responder

Daquela, require de rexistro e está restrinxido a determinado colectivo de usuarios. Demasiado forzado para poñelo neste artigo, non si? --. HombreDHojalata.conversa 15 de maio de 2018 ás 18:03 (UTC)Responder

Pois non..., está accesible a tódolos nenos que usan esa plataforma. Non sei se actualmente hai moitos ou poucos, creo que a teoría é que se vaia aplicando a tódolos centros, pero penso que o relevante é que está asociada como ferramenta de referencia xunto ó DRAG, e ademais ligado en tódalas páxinas da plataforma..., non cres? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2018 ás 18:12 (UTC)Responder
Imos ver Atobar, non está accesible a todo o mundo porque é unha plataforma para os nenos de Primaria e Secundaria, cada usuario, é dicir, cada neno que cursa os seus estudos con esa plataforma, ten en tódalas páxinas xerais unha ligazón á Galipedia. É a ferramenta que teñen a unha enciclopedia en liña, ó mesmo nivel que o DRAG. E sen facer nada, non teñen que configurar nin escoller ningunha opción, todos o teñen así.
Claro que só lles sae ós usuarios rexistrados, porque eles son os que usan esa plataforma. Pero non teñen que rexistrarse eles, os centros que teñen este sistema crean unha conta para cada alumno e aí é onde teñen a maioría dos seus libros en forma dixital, contidos adicionais e exercicios, é dicir, é obrigatorio para todos eles usar esa plataforma. Este sistema xa leva varios anos en uso, creo que como mínimo catro, non sei se dende o principio xa estaba a ligazón, pero polo menos dende o ano pasado si. A plataforma úsase en 5º, 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO nos centros que a teñen instalada. Cantos centros a teñen actualmente?, non o sei, pero o futuro é que se aplique pouco a pouco en todos. É dicir, que o futuro é que tódolos nenos de 5º, 6º de Primaria, e 1º e 2º de ESO teñan na súa aplicación unha ligazón directa á Galipedia para consultala como enciclopedia para consultar contidos adicionais, e dentro da súa plataforma de aprendizaxe. Creo que isto é máis que relevante..., que eu saiba é a única Wikipedia, polo menos en España, que ten un acceso así. Podería dicir que esta condición é única no mundo pero nunca se sabe... Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2018 ás 18:58 (UTC)Responder
  • Eu non vexo mal que se inclúa esa información. Non chego a entender cal é o problema en que apareza aquí cando podería incluso considerarse como un fito que unha administración pública inclúa unha ligazón cara a Galipedia nunha plataforma pensada para o ensino. Ademais da publicidade entre os nenos, indica que os contidos dos nosos artigos son o suficientemente relevantes (e veraces) como para que se fíen de nos. Cando eu estaba na escola (non hai tanto) lembro que os meus mestres non querían nin oír falar da wikipedia (en xeral), así que supoño que é algo bo que apareza nunha plataforma coma esta. --AMPERIO (conversa) 15 de maio de 2018 ás 19:08 (UTC)Responder
Recuperado queda logo por HombreDHojalata. --Atobar (conversa comigo) 16 de maio de 2018 ás 10:15 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Galipedia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 17:00 (UTC)Responder

Volver á páxina "Galipedia".