Conversa:Frauta de millo miúdo

Título do artigo editar

Creo que aquí hai un erro de tradución: o que en castelán se coñece como "flauta de millo" debería chamarse, nunha tradución literal, frauta de millo miúdo. Ben sabemos que o millo (en galego) non é o mesmo que o millo miúdo (en galego), pero si o mesmo que o millo (en castelán). Non sei se hai algunha referencia que xustifique o título actual, pero aínda se a houbese resúltame chocante. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 13:17, 12 de xuño de 2010 (UTC)

Isto segue sen resolverse. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:16, 8 de setembro de 2010 (UTC)

  • O problema é que non temos nin referencias para millo nin para millo miúdo. De aí que estea en stand-by. --Atobar (conversa comigo) 15:23, 8 de setembro de 2010 (UTC)
    • ¿Onde está o problema? En África, terra de millo miúdo (mijo) e non de millo (maiz) farán esa frauta coas plantas de que dispoñen alí. O artigo en castelán ustiliza a forma "millo" que é sinónima de mijo (é dicir, o noso millo miúdo). E terceiro, da cana do noso millo dubido moito que se poida sacar unha frauta, cousa fácil de facer da cana do millo miúdo, que é oca). Ergo, toda a lóxica leva a que o cast. flauta de millo sexa en galego frauta de millo miúdo. Non necesitamos máis referencias nin vexo problemas por ningures. Pedro --Lameiro (conversa) 16:06, 8 de setembro de 2010 (UTC)
  • Estades seguros de que o artigo se refire a unha frauta de millo miúdo? [ Furagaitas * ] 22:11, 8 de setembro de 2010 (UTC)

O artigo provén da tradución do homónimo en castelán (ver historial), que di: "La flauta de millo o pito atravesa'o es un instrumento musical, al parecer de origen africano, que es utilizado principalmente en la cumbia, la flauta es fabricada con caña de millo formando un tubo de caña abierto a los extremos, con una lengüeta vibrante cortada del mismo tubo y con cuatro orificios digitales, se ejecuta de manera transversal.". O millo castelán, tamén chamado mijo, é o que en galego se chama millo miúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:42, 8 de setembro de 2010 (UTC)

Agás se quen fala é un canario ou un salvadoreño, puntualizo.[1] --Atobar (conversa comigo) 22:48, 8 de setembro de 2010 (UTC)

E supoñamos que o significado que se lle dá a millo no artigo en castelán non vén recolleito no DRAE. ¿Alguén coñece estas frautas? Traducir pode estar ben, pero cando haxa fontes. [ Furagaitas * ] 23:03, 8 de setembro de 2010 (UTC) (Cando dixen isto estaba a mirar o artigo en castelán) [ Furagaitas * ] 23:27, 8 de setembro de 2010 (UTC)

A frauta en cuestión é esta.[2] --Atobar (conversa comigo) 23:09, 8 de setembro de 2010 (UTC)
Pois tema pechado: queda o artigo como está. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:16, 8 de setembro de 2010 (UTC)
Convencido, a frauta faise de millo miúdo. Porén, non creo que se deba traducir o castelán millo por millo miúdo por dúas razóns: millo (gl) tamén significa millo miúdo, e ademais, a tradución frauta de millo miúdo faime pensar en molinera para a nosa muiñeira, ou quen sabe qué para txistu. [ Furagaitas * ] 23:27, 8 de setembro de 2010 (UTC)
Volver á páxina "Frauta de millo miúdo".