Conversa:Feísmo

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

estou empezando o artigo gustariame ir ampliando pouco a pouco . de feito a informacion e sacada do mesmo artigo en español ,asi que iso de que é unha opinion persoal....¿? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 80.174.108.33 (conversacontribucións) 23:50, 5 maio 2009

  • Se estás comezando o artigo, daquela ponlle o marcador enuso. Con todo, se ben a Galipedia e a wikipedia española pertencen ao mesmo proxecto, difiren decote nas formas. Isto, supoño, é unha proba máis. No entanto, a redacción en castelán é manifestamente mellor ca o que está pasado a galego. En todo caso, insisto, anímate a redactar un artigo xeitoso. Por outra banda, lémbrate de asinar nos comentarios que deixes nas páxinas de conversa, non así nos artigos (faise premendo no cuarto recadriño comezando pola dereita, enriba do cadro de texto). Aburiño.--Atobar (conversa comigo) 22:00, 5 maio 2009 (UTC)

Feísmo na Wikipedia? editar

Non entendo de ver eu o sentido que ten darlle entrada na Wikipedia a un termo de tan difícil definición como o de feísmo. E digo difícil porque se trata dun concepto tan esencialmente subxectivo que non hai moito que dicir que non sexa o parecer de cada un. A modo de exemplo, e tirando de Google, aparecen modos de entender o feísmo tan diversos como estes:

  • "Un amplo conxunto de accións exercidas sobre a vivenda e o patrimonio, nas cidades, nas vilas e no medio rural, e en xeral contra o territorio, déronse en chamar feísmo no noso país"[1], sen entrar en detalles sobre cales son esas accións nin os seus efectos.
  • "Todas aquellas construcciones o obras humanas que degradan de algún modo su entorno"[2], idea ben afastada de calquera concepción estética.
  • "Término informal, propio del urbanismo y de la arquitectura de Galicia, empleado para caracterizar cierto estilo constructivo del medio urbano y, especialmente, del medio rural gallego"[3], nadando en subxectividade e estirando o concepto de estilo arquitectónico ata o seu límite de rotura.
  • "El efecto final de la dejación urbanística y medioambiental"[4], definición que non abrangue exclusivamente o construído, como nas anteriores, e abre a porta a accións sobre o medio ambiente, sen detallar cales accións, claro.

Para acabar de enguedellar o tema, resulta que o termo feísmo non é exclusivo, senón que se viu empregando con igual indefinición referido á literatura, a pintura e o deseño:

  • "Probablemente esa fijación por urdir una sinonimia entre el naturalismo y el feísmo -hasta convertirlo en algo parecido a lo que la crítica norteamericana llama hoy el Dirty Realism- esté nutrida por el largo debate durante el siglo XIX sobre el emplazamiento en las bellas artes de lo grotesco, lo repulsivo, lo crudo tras su repudio por la estética neoclásica"[5]
  • "Otra línea estética, también modernista, que surgió como respuesta al preciosismo exagerado; el feísmo modernista"[6]
  • "Una estética sucia buscada y con un objetivo, no casual, frente a cosas feas porque quien las hace no sabe hacerlas “bonitas”, no maneja ni los códigos, ni el lenguaje, ni la estética ni tan siquiera las herramientas"[7]

En calquera caso a única definición "de diccionario" que circula pola rede resulta que ven do revés: no canto de presentar algo no que o feo é deplorable, fala de algo no que o feo é o que mola.

  • "Tendencia artística o literaria que defiende la estética de lo feo"[8], se falamos en castelán.
  • "Culto estético do feio"[9], para os lusófonos e asimilables.

Logo están os que buscan impactar a base de paradoxos:

  • "Hay que ser muy cautos a la hora de distinguir la auténtica belleza del feísmo, y la simple fealdad de algunas obras de arte que no merecen el nombre de tales"[10], sen molestarse en explicar de que se está a falar.
  • "Feísmo ilustrado"[11], unha troulada.

E para rematar, que xa son horas e non da para máis o tema, hai que dicir que nos primeiras 500 resultados proporcionados por Google, nin un está escrito en lingua galega, o que fai pensar que a suposta galeguidade do feísmo (sexa o que sexa iso) ten natureza mítica.

Por todo isto, e porque o propio artigo non aporta ningunha luz a toda esta escuridade, propoño borrado pola vía de urxencia. --Xoacas(Góstache o pemento?) 01:22, 21 febreiro 2010 (UTC)

Non estou de acordo con elimina-lo artigo. Na medida en que o termo existe, aínda que responda a realidades subxectivas, debemos dar conta del. O que está claro é que se non hai un postulado comunmente aceptado no eido da arquitectura non imos ser nós quen o faga. O que temos que facer é deixar claro a subxectividade do termo e a súa raigame popular. --Alberte Si, dígame? 15:53, 21 febreiro 2010 (UTC)
  • Non procede o borrado. De feito, de poñérmonos co choio, este podería ser un artigo do máis interesante. --Atobar (conversa comigo) 17:12, 21 febreiro 2010 (UTC)
    • Tampouco eu estou polo borrado. Ó contrario, téñolle botado o ollo a este artigo e xa me gustaría a min engadir cousas (fotografías fundamentalmente) se o criterio do que é feísmo estivese máias fixado e menos subxectivo. Creo que todos entendemos qué é o feísmo aínda que non o saibamos definir (¿qué é o amor?). A maiores, o feito de que Google responda en español non o desgaleguiza: La Voz, sempre en castelán, ten recollidos exemplos de abondo do feísmo en Galicia; outra cousa é a suposición de que sexa un fenómeno nin exclusivo nin maioritario de Galicia. Abonda con colle-lo coche para atopar feísmo por todas partes. Así que, a mante-lo artigo que pode dar moito de si, cando menos como galería de imaxes. Pedro --Lameiro (conversa) 18:09, 21 febreiro 2010 (UTC)
Soamente unha puntualización: non é certo que o google non deu resultados en galego nas primeiras páxinas. Todo depende de como o teñamos configurado. A min si mos dá. Aproveito para animarvos a que vos pasedes ao galego en rede. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:51, 21 febreiro 2010 (UTC)
    • Todos sabemos o que é o feismo, ou máis ben todos temos a nosa propia idea do que é. A raigame popular que se lle supón tenme máis pinta de manipulación mediática que de rexeitamento das masas. Celebro ver este entusiasmo conservativo, un artigo máis é unha porta menos á ignorancia, pero eu aínda non sei como se pode facer unha obxectivización do subxectivo, se soubera outro galo me cantaría. Tereino vixiado, a ver que sae de aquí. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:17, 21 febreiro 2010 (UTC)
    • Ola! estaba este artigo un pouco esquecido. Amañei un pouco a definición con referencias e comecei unha nova sección "Historia do feísmo". Eu non son un experto, e so fixen unha mera introducción ao tema con catro cousas que atopei. Se teño tempo o amplio. Tamén estaría ben traducir o que ven na Wikipedia en castelán sobre o tema, que teñen un artigo bastante mellor que o noso (parece mentira).--Sr71 (conversa) 19 de novembro de 2014 ás 23:11 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Feísmo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de agosto de 2018 ás 22:00 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Feísmo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 13:51 (UTC)Responder

Volver á páxina "Feísmo".