Conversa:Euskadi Ta Askatasuna

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

EPO engadiu o marcador de borrado No permission since en Image:ETA.jpg: no permission(diff);

-- CommonsTicker 22:14, 13 marzo 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

EPO eliminou Image:ETA.jpg: No permission for at least 7 days;

-- CommonsTicker 22:16, 25 marzo 2007 (UTC)

Trocos editar

Fixen algúns trocos:

  • lle puxen un modelo que creei para organizacións armadas non regulares. Abaixo, onde pon estatus, especifícase que é considerada terrorista por tal tal e tal.
  • Retiro o de terrorista de primeira liña, xa se di que Francia e España a consideran terrorista.

--  Norrin_strange (Fala-me) 12:52, 14 abril 2009 (UTC)

Algúns aspectos a ter en conta editar

No artigo hai erros que haberá que corrixir e que non representan maior problema, pero hai outros puntos que merecen un acordo previo:

  • A normativa utilizada non é coherente (coherencia interna): utiliza indistintamente ó e ao, tódolos e todos os; unha veces son responsables e outras responsabeis [sic], ou favorables xunto a visibeis [sic]. Unhas veces son vítimas e outras víctimas. Non teño forzas para investigar cal fopi a escolla do primeiro editor, e nun artigo onde houbo xa tantas intervencións, de tan diferente peso, non sei que facer.
  • O número de vítimas e a referencia: ó comezo do artigo fala de 820 vítimas ata marzo de 2007 e máis adiante dá a cifra de 826 ata 19.06.2009. No primeiro caso dá como fonte un bolg, cun enderezo que xa está roto [1]; para a segunda cifra non dá fonte. Buscando no blog [2], a lista actualizada a 19.06.2009 é de 821 vítimas (e inclúe a última, o inspector Puelles). Como non semella moi serio citar como referencia un blog, que dá como fonte a Asociación de Víctimas del Terrorismo, vou ve-la páxina da Asociación [3] e alí a lista inclúe as 1.254 vítimas do terrorismo de calquera signo, entre as que 945 corresponden a ETA. Como vedes, as cifras que damos non se corresponden, nin de lonxe, con estas, e creo máis relevante, como referencia, a AVT que o blog.

Antes de unificar estes datos, tomando esta última referencia, ¿alguén ten algún dato máis, algunha fonte máis? Pedro --Lameiro (conversa) 13:41, 27 xuño 2009 (UTC)

Para aumenta-la confusión, na reportaxe que Informe semanal acaba de emitir sobre ETA, dá a cifra de 824 mortos. Pedro --Lameiro (conversa) 20:31, 27 xuño 2009 (UTC)
Eiqui unha "fonte" que ben poidera servirnos si é tomada en sério(945 asasinatos que corresponden a ETA dende 1960). Non? --[4]--Basilio 16:08, 30 xullo 2009 (UTC)
A min non me parece unha referencia válida. É unha páxina persoal (e parcial, como o é a AVT) que recolle o dato doutra fonte. Ó meu entender, seguimos sen poder referenciar unha cifra. Pedro --Lameiro (conversa) 19:49, 30 xullo 2009 (UTC)
Xa temos datos oficiais (do Ministerio del Interior [5]). A data 19.06.2009 dá a cifra de 826 asasinados, cos dous de hoxe fan un total de 828. Procedo a cambia-lo dato no artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:59, 30 xullo 2009 (UTC)
Ahora si que xa temos a boa fonte. Grazas Lameiro --Basilio 09:01, 1 agosto 2009 (UTC)

Alixeirar o artigo editar

O artigo está sendo extenso de máis e sería bo ir extraendo texto para outros (sub)artigos. Por outra banda, nas seccións "Acontecementos recentes" e "Asasinatos" estamos caendo no periodismo de actualidade e non creo que sexa necesario recoller e describir cada atentado. Un artigo enciclopédico debe ser máis atemporal. Pedro --Lameiro (conversa) 13:57, 1 agosto 2009 (UTC)

Tes moita razón porque eso vai pronto complicarse; de acordo polos (sub) artigos. A ver como o solucionamos. --Basilio 16:01, 1 agosto 2009 (UTC)


  • Seccións a reducir:
Historia: a partir do apartado Durante a transición, cómpre reducir e sintetizar a información dos subapartados. Están demasiado estendidos, con moito acontecemento recente. Por exemplo, o parágrafo do 11-M pódese eliminar case directamente e pór tan só a mención de que se tentou vencellar a ETA con el.
A sección das vítimas semella unha sección de actualidade. Non podemos caer niso. Se alguén quere facer un artigo titulado Vítimas de ETA que o faga, máis aquí non é o lugar. Aquí tan só deberían ir o número dos asasinados, indicando seica o número dos que eran das FSE, e mencionar asasinatos soados como o de Miguel Ángel Blanco ou o de Hipercor. --Norrin_strange (Fala-me) 09:48, 2 agosto 2009 (UTC)
O subapartado Organización, dentro de características debe ser reescrito para que sexa máis neutral. Cómpre redefinir tamén algúns termos.
O apartado de O papel institucional non aporta moito e pódese reducir deixando só o que afecte a ETA. Especialmente sobra o apartado das institucións europeas logo do 11-S porque toca a ETA só tanxencialmente. --Norrin_strange (Fala-me) 09:51, 2 agosto 2009 (UTC)
Concordo con Norrrin ElviraConversa comigo 10:31, 2 agosto 2009 (UTC)


Vou reducindo. Primeiramente quito da introdución o que eles entenden por Euskal Herria, xa se sabe. é a única definición que ten esa palabra, non cómpre dicir cales son as sete provincias. --Norrin_strange (Fala-me) 16:38, 11 agosto 2009 (UTC)

Retirados os "acontecementos recentes" da sección de asasinatos. Isto non é Wikinews, e o texto carece de interese enciclopédico. --Norrin_strange (Fala-me) 16:48, 11 agosto 2009 (UTC)
Retirada a sección das institución internacionais logo do 11-S. Non ten sentido mencionalo aquí, sería como explicar a xénese do socialismo de Marx no artigo do PSOE. Ese texto debe ir no artigo "Terrorismo".--Norrin_strange (Fala-me) 16:51, 11 agosto 2009 (UTC)

No Galifontes editar

Sección de ETA creada no Galifontes, para subir aqueles documentos de ETA como os comunicados de tregua, as propostas de ETA ao PNV, e tamén documentos sobre ETA do estado ou doutros organismos. --Norrin_strange (Fala-me) 17:36, 11 agosto 2009 (UTC)

Redirección editar

Introducín a redirección Euskadi ta Askatasuna porque, en primeiro lugar, non me parece normal que, sendo o título do artigo Euskadi Ta Askatasuna o texto comece coa expresión Euskadi ta Askatasuna e, secundariamente, porque noutros artigos aparece este nome coa conxunción copulativa en minúscula (incluído este, claro). --XoioÉche o que hai 13:56, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 14 ligazóns externas en Euskadi Ta Askatasuna. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 17:15 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Euskadi Ta Askatasuna. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 11:37 (UTC)Responder

Volver á páxina "Euskadi Ta Askatasuna".