Conversa:Couto Mixto

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)

Microtónimo editar

Non podo aseguralo pero parece que Meaus é un microtónimo das Maus: Nesta páxina de Turgalicia[1] fálase do peto de ánimas de Meaus (localízandoo nas Maus), especulando un pouco podería ser que despois da época do Couto Mixo pola emigración que se produciu as casas de Meaus quedasen deshabitadas e o lugar pasase a se coñecer como As Maus. Pero é pura especulación xa que me parece raro ese cambio do nome de como se coñecía na época do Couto Mixto e como se coñece agora. Seria interesante saber por que se produciu ese cambio.--Arco de Rayne 12:01, 15 xuño 2008 (UTC)

  • Non che sei pero é ben posible. O caso é que no Nomenclátor aparece como "As Maus", e o único "Meaus" galego está en Cospeito; na Gran Eciclopedia Galega coinciden con "As Maus" no Couto Mixto e "Meaus" en Cospeito. Creo que habería que cambiar no texto do artigo por As Maus e cambiar na nota ó pé que antes era Meaus. Tamén é certo que na páxina "oficial" do Couto Mixto [2] escriben Meaus. Saúdos --Lameiro (conversa) 15:27, 15 xuño 2008 (UTC)
  • Modifique logo a nota do rodapé.--Arco de Rayne 18:17, 15 xuño 2008 (UTC)

Pobo / Povo¿ editar

O artigo contén a frase: "Fechábase con tres chaves, gardada cada unha por un dos tres Povos". Sospeito que este "Povos" é un residuo do orixinal portugués e que deberiamos convertelo en "pobos" (minúscula e con b), pero o Couto Mixto é moi particular é todo pode ser que esa sexa, así, unha denominación propia (¿antiga, aportuguesada?) que haxa que respectar, aínda que, de ser así, debería estar en cursiva. ¿Alguén coñece ben o Couto Mixto para poder asegurarnos? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:34, 25 novembro 2008 (UTC)

Outros cambios editar

Por se outra información contradí os cambios que introduzo, deixo aquí o texto anterior:

  • "En 1518, ... os habitantes do Couto procuraron apoio no Conde de Lemos". Na EGU din que foi ó Conde de Monterrei.
  • Suprimo esta frase: "Na acta final de fixación de fronteira, asinada en 1906, recoñécense terreos de pasto mixto, entre os marcos 130 e 137, de aproveitamento común". Non podo entender que en 1906 se fixase a fronteira se xa en 1870 se constituísen dentro da deputación de Ourense. A EGU afirma que a ratificación do acordo (e enténdese que tamén os límites) foi o 23.06.1868.
  • Pedro --Lameiro (conversa) 19:22, 25 novembro 2008 (UTC)
  • Utilízase o topónimo Tourém. Non sei se na súa forma galega debería levar tamén til. Na EGU escríbeno sen til, Tourem.
  • Afírmase que "España entrega a Portugal os tres Pobos Promíscuos (Soutelinho da Raia, Lama de Arcos e Tourém)". Na Gran Enciclopedia Galega son Soutelinho, Cambedo e Lamadarcos. ¿Quen terá a razón? ¿Falarán de conceptos equivalentes?
  • Pedro --Lameiro (conversa) 20:15, 25 novembro 2008 (UTC)

Solucións (polo de agora) editar

  • Paso "Povos" a pobos. A forma con v viña da wiki portuguesa.
  • Deixo definitivamente "Conde de Monterrei". Tódalas fontes dan este nome e non o de Lemos.
  • Queda eliminada a referencia ás fronteiras de 1906. O que se acordou nesa data foi o aproveitamento común de certos pastos, sen modificación de lindes territoriais.
  • Deixo sempre a forma Tourem (sen til), seguindo as normas granmaticais galegas (e a referencia da EGU).
  • Deixo Soutelinho da Raia, Cambedo e Lamadarcos, por se-las formas que dan tódalas fontes (excepto a wikipedia portuguesa, o cal me deixa con dúbidas: supoño que os nosos colegas portugueses deben saber ben de que falan). No texto do Tratado de Lindes de 1864 falan de Cambedo (non de Tourem) e de Lamadarcos. Si que vexo este úlñtimo escrito tamén como Lama de Arcos.
  • Se alguén ten outras propostas ou fontes, que as expoña.
  • Pedro --Lameiro (conversa) 23:05, 29 novembro 2008 (UTC)

Ligazóns externas editar

Creo que se deberían reducir as ligazóns externas, e deixalas unicamente a aquelas que realmente achegan datos novos. Os artigos dos xornais deberían transformarse en información normal do artigo —o que se poida aproveitar, referenciadamente—, e logo chimpalos. Como o vedes? --Xabier Cid Conversa 12:05, 27 xaneiro 2009 (UTC)

Forma de goberno editar

Tendo en conta que, daquela, Galicia pertencía a unha España extraordinariamente centralizada, paréceme arriscado dicir que a forma de goberno dependía de Galicia. Ademais, o Reino de Galicia deixara de existir legalmente en 1833 e Galicia fora dividida en catro provincias, polo que, en todo caso, dependería da provincia de Ourense na última etapa.

Por outra parte, dicir que depende só de Galicia cando o propio nome do lugar é Couto Mixto, é bastante contraditorio de por si. En todo caso, dependería tanto de España como de Portugal.

De todos os xeitos, a min o máis lóxico paréceme dicir que había realmente autogoberno elixido polos propios habitantes e no que o máximo representante sería o Xuíz do Couto Mixto. E aclarar tamén que nalgúns temas dependendía de España ou Portugal segundo a nacionalidade elixida pola persoa.

Non cambio nada porque non son ningún experto no tema (a miña opinión baséoa na info que hai nas propias wikis galega, inglesa e portuguesa), así que me gustaría saber que opina outra xente para non meter a zoca.--VaiPolaSombra (conversa) 16:06, 6 de xullo de 2012 (UTC)

  • A caixa que inseriu a IP anónima 77.27.188.158 inclúe máis información discutible: ¿que "oficialidade" ten o nome de "República do Couto Mixto"? ¿e a bandeira ou a capitalidade? Contén un erro notorio, derivado de telo copiado da infobox de Andorra, de darlle como dominio de internet ".ad", e algún erro mecanográfico e ortográfico menores. Borro o de Andorra e deixo o resto ata mellor opinión. Pedro --Lameiro (conversa) 19:28, 6 de xullo de 2012 (UTC)
Por min, fóra todo. Iso da República... --Atobar (conversa comigo) 17:32, 10 de xullo de 2012 (UTC)
Eu tamén son partidario de retirar a caixa, posto que non se adapta á situación política do Couto Mixto. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:46, 10 de xullo de 2012 (UTC)
  Feito! Fóra, logo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:17, 10 de xullo de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Couto Mixto. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 23:32 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Couto Mixto. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de febreiro de 2020 ás 04:30 (UTC)Responder

Volver á páxina "Couto Mixto".