PROBLEMAS

Neste artigo non teñen lugar:

  • a Canción, non é un contido enciclopédico
  • os exemplos, o feito de que algo sexa castelanismo, non significa que sexa incorrecto, nen moito menos castrapo, como se non dicimos en galego guerrilla, cedilla..
  • a maioría das ligazóns, nen as de entidades reintegracionistas nen a do artigo, moi discutíbel.

Se niguén as xustifica haberá que eliminalas.

--emilio juanatey(talk) 19:29, 27 xaneiro 2008 (UTC)

eu concordo que se eliminen as cousas dos tres puntos. ElviraConversa con mi 19:36, 27 xaneiro 2008 (UTC)
  Concordo plenamente, o menos que podo dicir dos exemplos é que é algo absurdo.Acerto 19:37, 27 xaneiro 2008 (UTC)
  Concordo necesita unha revisión enteira, incluso os primeiros parágrafos.---- Maañón00 (o que?) 19:39, 27 xaneiro 2008 (UTC)
Para manter que castrapo é o galego normativo fan falta referencias externas, nin os dicionarios normativos do galego nin o de Estravís, nin os tratados de lingua (normativos ou reintegracionistas que lin e que recorde) dan esa definición, tan só nalgún foro e algúns blogs puiden atopar iso, como a wikipedia precisa referencias externas válidas para dar algo por certo vou borrar o de castrapo e galego normativo. Acerto 17:08, 12 febreiro 2008 (UTC)
  • Veño de reformar con coidado e referencias o artigo, porque era moi impreciso e mesmo con partes inexactas, coma o comezo.--Atobar (conversa comigo) 12:40, 6 maio 2009 (UTC)
Volver á páxina "Castrapo".