Conversa:Arquivo de Galicia

Último comentário: hai 5 anos de MiguelAlanCS no tópico Traslado desde Wikipedia en español

Licenza editar

Son o autor da páxina Arquivo de Galicia. Como membro desta organización, utilicei loxicamente os contidos do seu sitio web, dado que se trata de información de carácter netamente institucional. Seguín o modelo e o exemplo doutros arquivos que contan desde hai tempo con páxinas na wikipedia redactadas por eles mesmos, como o Arquivo Histórico da Cidade de Barcelona e o Arquivo Nacional de Cataluña. Ademais, son o propietario de todos os dereitos e teño intención de declaralo de forma expresa empregando as licencias GFDL e mais CC-BY-SA--FizCotovelo (conversa) 12 de novembro de 2013 ás 08:50 (UTC)Responder

A imaxe que se amosa á dereita

 
Acceso ao Arquivo de Galicia.

non debería figurar na páxina, pois na actualidade esa imaxe está desactualizada: o edificio da Cidade da Cultura de Galicia onde figuraba o nome do Arquivo de Galicia denomínase agora Centro de Emprendemento. Agora, o Arquivo de Galicia comparte edificio coa Biblioteca de Galicia. —o anterior comentario sen asinar foi feito por FizCotovelo (conversacontribucións)

Orixe dos datos editar

Os datos incluídos na primeira edición desta páxina están tomadas de http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-de-galicia/content/el-archivo/index.html; No aviso legal do portal da Xunta advírtese que se poden reproducir os contidos sempre e cando se cite a orixe. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de novembro de 2013 ás 10:27 (UTC)Responder

Non é abondo. Antes de marcar como copyvio esta páxina lin completamente o aviso legal e nel se di:
  • "Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración autonómica de Galicia.".
Eu dubido de que unha persoa poda atribuírse tales dereitos.
  • "O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal." e "Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais..."
Que é absolutamente incompatible con este proxecto. Neste proxecto tódolos contidos teñen que permitir mesmo o uso comercial e a obra derivada.
A licenza dos contidos copiados debe indicarse en orixe, non aquí. En calquera caso, se vostede é, como di, o titular deses dereitos de autor a solución é moi sinxela. Pasa por mudar a páxina do aviso legal de xeito que se substitúa o contido actual por outro que manifeste unha licenza compatible con este proxecto (por exemplo dominio público, CC BY-SA etc).
Amais diso, engadiu vostede catro obras de dous fotógrafos profesionais. Manuel G. Vicente (Vigo, 1958) e Tono Arias (Allariz, 1965). Tamén é vostede o titular dos dereitos de autor? En base a que? A lexislación atribúe os dereitos sobre a propiedade intelectual ao autor, e vostede non o é. . HombreDHojalata.conversa 12 de novembro de 2013 ás 19:45 (UTC)Responder

Traslado desde Wikipedia en español editar

Con este mensaje quiero otorgar créditos de la edición del 27 de febrero de 2018 al usuario Chessiepool que lo creó en Wikipedia en español pero editándolo en gallego. El artículo se borró pero antes pude publicarlo en esta enciclopedia. MiguelAlanCS (conversa) 10 de decembro de 2018 ás 18:03 (UTC)Responder

Volver á páxina "Arquivo de Galicia".