Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela) editar

 
Entrada ao edificio do Arquivo de Galicia

O Arquivo de Galicia (situado na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela) é un centro que recibe, custodia, comunica e difunde o  patrimonio documental de Galicia, para o servizo da Administración e os cidadáns. Custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), así como outros de calquera procedencia que, polo seu ámbito e interese, se lle poidan asignar.

É cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, por iso simboliza a unidade do patrimonio documental da Comunidade. Este patrimonio comprende unha porción notable da súa cultura escrita e caracterízase, entre outros aspectos, pola súa calidade, antigüidade, diversidade, invisibilidade e dispersión.

Depende orgánicamente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e foi inaugurado en xaneiro de 2011.

Edificio editar

 
Cidade da Cultura de Galicia

O Arquivo ocupa o edificio do extremo leste do complexo que compón a Cidade da Cultura de Galicia, proxectada polo arquitecto americano Peter Eisenman. O conxunto articúlase a través dunha trama de rúas, soportais, xardíns e prazas inspirada no casco histórico da cidade de Santiago de Compostela, declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Funcións editar

O Arquivo de Galicia exerce as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e arquivo intermedio e histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, e como tal o deber de conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia.

En concreto correspóndelle as seguintes:

  • Recibir os documentos procedentes dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades públicas dependentes dela cun ámbito territorial superior a unha provincia.
  • Recibir os documentos procedentes de organismos, institucións e entidades públicas de ámbito autonómico dependentes da Xunta de Galicia que fosen suprimidos, con independencia da súa antigüidade, e calquera outro fondo de carácter público ou privado de interese xeral para a comunidade autónoma que se acorde despositar nel.
  • Programar, coordinar e dirixir a identificación, valoración e selección documental de todos os arquivos do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia.
  • Organizar e describir os fondos documentais que custodie.
  • Conservar os fondos documentais que custodie.
  • Coordinar os programas de reprodución con fins de conservación de fondos do patrimonio documental de Galicia.
  • Facilitar o acceso aos documentos que custodie e á información contida neles nos termos que establece a lexislación.
  • Difundir por calquera medio os fondos documentais que custodie e, en xeral, o patrimonio documental de Galicia.
  • Establecer e desenvolver normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia.

En xeral, calquera outra función que lle sexa encomendada por razón da súa competencia.

Historia editar

En febreiro de 2008 créase a Subdirección Xeral do Arquivo Nacional de Galicia coa finalidade de exercer as funcións de centro de referencia do Sistema de arquivos de Galicia e de arquivo histórico do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia (Decreto 17/2008, do 7 de febreiro - DOG nº 35, do 19 de febreiro- ).

Como consecuencia da reestructuración da Xunta de Galicia no ano 2009, o Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería da Cultura e Turismo -DOG nº 125, do 29 de xuño- asignará estas funcións ao Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma (hoxe Arquivo de Galicia), dependente da Subdirección de Arquivos e Museos, dentro da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

O Decreto 207/2010, do 19 de decembro, (DOG 246, do 24 de decembro) crea o Arquivo de Galicia como cabeceira e centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia, con carácter intermedio e histórico.

Estas normas asígnanlle un papel fundamental na infraestructura que debe servir para asegurar o mellor funcionamento da Administración Pública de Galicia de acordo cos principios de eficacia, eficiencia e transparencia, ligando os seus fins aos conceptos de conservación permanente e de acceso aos documentos públicos.

Servizos editar

O Arquivo de Galicia presta os servizos de todo Arquivo:

  • O acceso é libre e gratuíto. unicamente poderá ser restrinxido de acordo co establecido na lexislación vixente ou, nos casos da consulta directa de orixinais, cando supoña riscos para a súa canservación.
  • As solicitudes de información poderán facerse directamente na sala de lectura ou por medio de correo electrónico, correo postal, fax, teléfono ou internet.
  • Para a consulta na sala de lectura será necesaria, a efectos de identificación, a presentación dun documento oficial (DNI ou pasaporte) e a subxección ás normas de consulta dispoñibles na sala.
  • Sempre que as disposicións legais e o estado de conservación dos documentos o permitan poderán solicitarse reproducións (copias simples ou copias compulsadas/certificadas). Os prezos das reproducións deberán aterse ao regulado na normativa vixente  sobre taxas e prezos públicos.
  • Poderán realizarse préstamos de documentos orixinais ás institucións produtoras cando sexa necesario  para o cumprimento das actividades relacionadas co ámbito da súa competencia. Tamén se poderán realizar préstamos para participar en actividades de difusión cultural, especialmente exposicións temporais,  ás institucións que así o soliciten, sempre que se cumpran os requisitos previstos e sexan previamente autorizados polo órgano competente.
  • O Arquivo fomentará a difusión dos seus fondos e actividades, principalmente,  a través da publicación de instrumentos de descrición, da periódica organización de exposicións e da recepción de visitas guiadas de escolares e outros colectivos.

Véase también editar

Anexo: Archivos de España

Archivo del Reino de Galicia

Biblioteca de Galicia