Conversa:Antía Nara

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)

Pseudónimo editar

Do Historial de edicións deste artigo despréndese que alguén quere preservar a personalidade literaria desta autora de forma independente da súa personalidade profesional e científica. A atribución do pseudónimo á persoa real fíxose a partir de datos públicos, que están ao alcance de calquera, e que foron convenientemente referenciados. Ben é verdade que a eses datos se chega a través dunha pescuda; pero esa pescuda é a mesma que se segue con todos os artigos da Wikipedia para asegurar que os datos proporcionados son veraces e correctos. Antes de agora, cando unha persoa quixo borrar datos da Wikipedia porque lle afectaban persoalmente, sempre se optou por repoñer todos os datos que estean verificados. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de febreiro de 2016 ás 16:20 (UTC)Responder

O que é público, é público. Penso que todo o que estea ben referenciado debe quedar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21 de febreiro de 2016 ás 17:07 (UTC)Responder

A persoa que aqui se nomea non se recoñece nesta entrada. A súa opinión sobre a mesma se recolle no artigo de Praza: http://praza.gal/opinion/3184/pensar-a-identidade-pensar-o-mundo/ Por tal motivo, e para que así conste, pidéselle ao administrador de Galipedia que borre todas as referencias que non son da autora "Antía Nara". —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.179.163.0 (conversacontribucións)

Ola, 85.179.163.0. Expliquei nos comentarios a ese artigo en Praza Pública os motivos polos que actuei así, en particular respecto do tema do pseudónimo. É innegable o dereito a que cadaquén constrúa a súa identidade pero, como xa se razonou, este artigo só recolle información que xa é pública, e que foi convenientemente referenciada. Non estamos a inventar nada, nin a revelar segredos que non son o obxectivo da Wikipedia. Ademais diso e como ben se apunta nese correo, hai aspectos da redacción que non son os adecuados. Agora mesmo non podo facer a edición textual de forma axeitada, pero fareino a ser posible hoxe se outros editores non o amañan antes. Moitas grazas polas achegas e polo debate. Para calquera dúbda que teñas sobre o procedemento, estamos aquí para axudar, eu e todos os demais usuarios. Se mencionas os usuarios en concreto, ou se publicas mensaxes nas súas páxinas de conversa, aseguraraste de que saben do comentario. A min non me cadrou de velo ata esta mañá, se non fose porque un outro usuario me sinalou o artigo en Praza Pública. Un saúdo! --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de marzo de 2016 ás 09:22 (UTC)Responder
Entendo que o artigo o único que fai e xuntar datos disperos pola rede; é dicir, facilitar as cousas. Na procura de privacidade, hoxe por hoxe, non é doado atopar o sistema para manter os datos privados, pero entendo que o artigo non profundiza na privacidade da persoa expoñéndoa dun xeito que supoña ningún tipo de inconvinte extra. É máis, coido que o artigo de Praza supón unha descoberta de persoalidade dunha magnitude abondo superior á que ten este artigo por si mesmo. Quizais non sexa doado de comprender a postura da wikipedia dende fóra, e as normas da wikipedia xa vaian necesitando de un trebello de procura para poder manexalas, mais aínda deixando a unha beira as descualificacións que a autora fai no artigo en Praza para tentar a máxima obxectividade, e comprendendo que todos desexamos algo de intimidade, entendo que non se vulnera ningún dereito da autora, aínda que si, evidentemente, non se respecte a súa vontade.--Agremon(contacto) 2 de marzo de 2016 ás 09:10 (UTC)Responder
Baste botar unha ollada tamén a ligazóns como a das webs de Tirant e Dialnet para comprobar como se relaciona a Antía Nara con Antía Mato Bouzas. A fonte inicial é, como non podía ser doutro xeito, Xerais. Tal vez Antía Mato debería pedir primeiro contas a esta editorial. O debate sorpréndeme, sinceiramente. Unha cousa é facer pública información sensible, outra moi distinta é facer enciclopedia do coñecemento. Encontro a actuación de Xabier Cid exquisita, e pido que, cando menos nesta wiki, se empreguen as mesmas boas formas polo quen opina de xeito diferente, e non o que tiven que ler en Praza. Un saúdo--Castelao (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 16:02 (UTC)Responder

Referencia inicial editar

Deixo aquí recollida o texto da referencia inicial do artigo, xa que resulta innecesaria. Unha simple consulta no VIAF ou en calquera das outras múltiples ligazóns achegadas no propio artigo, nesta conversa ou neste debate son máis que suficientes para o propósito da mesma.

A determinación do pseudónimo faise a través de datos públicos; dunha parte a referencia na web de El Corte Inglés ao seu segundo apelido, e doutra os datos biográficos fornecidos pola web de Xerais, que permiten a busca Antía+Bouzas+Berlín, que devolve como resultado o nome real da autora. Ademais, cando alguén fai unha edición do artigo coa vontade explícita de preservar o anonimato da autora, déixase como dato válido a tradución de Luces fóra, asinada sen pseudónimo (Antía Mato Bouzas).

Banjo tell me 2 de marzo de 2016 ás 18:19 (UTC)Responder

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (outubro 2019) editar

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de outubro de 2019 ás 14:31 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Antía Nara. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de decembro de 2019 ás 13:27 (UTC)Responder

Volver á páxina "Antía Nara".