Antía Nara
Antía Mato Bouzas, coñecida literariamente como Antía Nara,[1] nada en Santiago de Compostela en 1974[2], é unha politicóloga, tradutora e novelista galega en lingua galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | politicóloga |
Traxectoria
editarLicenciouse e fixo un mestrado en Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela, onde fixo estudos sobre migracións. Proseguiu a súa formación na Universidade Jawaharlal Nehru, en Nova Delhi, no King's College e mais na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, un dos centros punteiros do mundo no estudo de Asia e de África. En 2005 regresou a España e proseguiu a súa investigación na Universidade Nacional de Educación a Distancia, dentro do Instituto Universitario Gutiérrez Mellado, onde se doutora.
En 2006, traballou cunha bolsa na delegación da Comisión Europea en Dacca (Bangladesh), e posteriormente trasladouse a Berlín para incorporarse ao Zentrum Moderner Orient, onde realizou estudos sobre a área xeográfica de Caxemira e a rexión fronteiriza entre a India e Paquistán.[3]
Como novelista, a súa primeira novela publicouna en 2007. Recuncou nas letras case unha década despois, en 2016, coa súa segunda novela.
Obra
editarEn galego
editar- Aquel lugar (Xerais, 2007)
- Cara ao leste (Xerais, 2016).
En castelán
editar- India y Pakistán. Conflicto y negociación en el sur de Asia (Biblioteca Nueva, 2011)[4]
Tradución
editar- Luces fóra, de Manjula Padmanabhan (Universidade da Coruña, 2006), publicada so o seu nome real de Antía Mato Bouzas.
Notas
editar- ↑ Biblioteca Nacional de España: "Mato Bouzas, Antía (1974-)" e "Nara, Antía (1974-)"
- ↑ Web da biblioteca Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine. da Universidade de Wisconsin-Madison
- ↑ "Web do Zentrum Moderner Orient". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016.
- ↑ Recensión de India y Pakistán. Conflicto y negociación en el sur de Asia Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. por Esther Barbé Izuel. (en castelán)