Conversa:Accidente de Angrois

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)

Liña de alta velocidade editar

Aínda que o Alvia 730 é un tren de alta velocidade non se encadra na liña de alta velocidade española, polo que non se pode falar de este suceso como o primeiro de Galicia e o país na alta velocidade (AVE). --81.35.80.99 24 de xullo de 2013 ás 23:35 (UTC)Responder

Agora mesmo non atopo fonte que o acredite, pero coido que se trata do primeiro accidente nunha vía de alta velocidade. Supoño que iso era o que pretendía dicirse. --Toliño Fala aquí comigo 25 de xullo de 2013 ás 11:33 (UTC)Responder
Velaquí unha fonte: "Primer accidente mortal en España en una línea de alta velocidad". --Toliño Fala aquí comigo 26 de xullo de 2013 ás 10:44 (UTC)Responder
A fonte, mellor no artigo que na conversa. Non si?--. HombreDHojalata.conversa 26 de xullo de 2013 ás 10:46 (UTC)Responder
Si, tiven que ir a outra cousa e logo xa ía ao choio. --Toliño Fala aquí comigo 26 de xullo de 2013 ás 11:13 (UTC)Responder

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── O tren non é quen de pasar dos 200km/h. Iso non é alta velocidade. O sistema ASFA (dixital) NON se emprega en alta velocidade (o límite de uso do ASFA é 200km/h), para AVE está o ERTMS ata 350 km/h. Saúdos --Nemigo   9 de agosto de 2013 ás 15:56 (UTC)Responder

Título editar

Penso que con "accidente de Angrois" como título abonda, por coherencia con outros títulos (Accidente da Lavacolla, Accidente de Montrove, Accidente de Peinador...). Queira Dios que non faga falta, pero no caso de que houbese outors accidentes en Angrois, xa se crearía outro título para desfacer homónimos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xullo de 2013 ás 19:21 (UTC)Responder

  Concordo--. HombreDHojalata.conversa 25 de xullo de 2013 ás 19:27 (UTC)Responder
  Concordo --Norrin_strange (Fala-me) 26 de xullo de 2013 ás 06:42 (UTC)Responder
Se o considerades oportuno, non me vou opor. Porén, vendo os interwikis vexo que hai dous estilos de título: "Accidente ferroviario..." e "Descarrilamento...". Pero, como digo, non me vou opoñer. --Toliño Fala aquí comigo 26 de xullo de 2013 ás 11:08 (UTC)Responder
  Concordo --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de agosto de 2013 ás 22:05 (UTC)Responder
  Discordo. Para min está ben así, o título é descriptivo e se o día de mañán (esperemos que non ocorra nunca) un camión con materiais químicos ten un accidente en Angrois e provoca unha catástrofe non haberá problema ningún. Piquito (conversa) 30 de xullo de 2013 ás 14:53 (UTC)Responder

Xa que parece que hai un consenso, decidín movelo. Ademais, esta fora a denominación orixinal. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de agosto de 2013 ás 22:07 (UTC)Responder

En caso de aceptar esta nova denominación, cómpre entón homoxeneizar os artigo semellantes. --Toliño Fala aquí comigo 6 de agosto de 2013 ás 09:13 (UTC)Responder

Parágrafo conflitivo editar

Comento aquí as razóns de eliminar un parágrafo sobre anteriores incidentes na liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia:

  • os sucesos non están relacionados de ningunha maneira.
  • o engadido desa información, que non está relacionada, parece que quere dicir que a causa do accidente estivo na vía. Da mesma maneira, poderían listarse os accidentes causados por erro humano en España, ou os accidentes derivados do uso do teléfono.

O artigo ten que ser neutral, e por iso ese parágrafo sobra e debería, de ser o caso, localizarse no artigo sobre esa liña, non no do accidente. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de agosto de 2013 ás 22:11 (UTC)Responder

  Concordo. Estaba de máis. --Toliño Fala aquí comigo 6 de agosto de 2013 ás 09:11 (UTC)Responder

  Comentario Esto é moi da galipedia (tirar a pedra, agochar a man... e non dar ligazón algunha) A vía Ourense-Compostela-A Coruña fíxose como se fixo (con ancho de vía ibérico, segundo os políticos para aproveitala no translado de mercadorías) Non había tecnoloxía entón para facer a viaxe Madrid-Ferrol cun só tren sen ter que trocar as composicións dos trens. De aí xurdiu o enxendro do Alvia (propulsión diesel eléctrica con ancho de vía internacional -AVE- e ibérico) O tren tivo un sinfin de avarías (todas documentadas e reiteradas) Todo culminou cando o tren deixou tirados a 500 viaxeiros en Zamora. Entón ante a evidencia dos erros no material o propio Talgo tivo que admitir problemas e asumir as consecuencias. Eso forma parte da historia da liña e pode falar ben ás claras de onde veñen os problemas. Eso por parte do tren, no caso da vía culmina cun sistema ERTMS non operativo e que o tren non é quen de empregar. E todo esto non ten nada que ver co accidente (Retirar información non é neutralizar, eso é censura. Neutralizar é didir o mesmo doutro xeito). Saúdos --Nemigo   9 de agosto de 2013 ás 15:52 (UTC)Responder

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019) editar

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2019 ás 05:17 (UTC)Responder

Volver á páxina "Accidente de Angrois".