Constantin Brâncuși

(Redirección desde «Constantin Brancusi»)

Constantin Brâncuşi, ou Constantin Brancusi na grafía francesa, nado en Hobiţa (distrito Gorj, preto da cidade de Târgu Jiu) o 19 de febreiro de 1876 e finado en París o 16 de marzo de 1957, foi o máis famoso escultor romanés. As súas obras atópanse en museos de Francia, Estados Unidos, Romanía e Australia.

Infotaula de personaConstantin Brâncuși

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Constantin Brâncuși
(ro) Constantin Brâncuși Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1876 Editar o valor em Wikidata
Hobița (Principados Unidos) Editar o valor em Wikidata
Morte16 de marzo de 1957 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBrincusi, Constantin Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRomanía
Francia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoLingua romanesa Editar o valor em Wikidata
EducaciónBucharest National University of Arts (en) Traducir
Escola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París
Livorno
București (en) Traducir
India
Exipto
Villefranche-sur-Saône
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , ilustrador , debuxante arquitectónico , pintor , fotógrafo , artista de assemblage Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1904 Editar o valor em Wikidata - 1956 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Academia Romena (pt) Traducir (valor descoñecido–) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte abstracta Editar o valor em Wikidata
MovementoModernismo, Tinerimea artistică (en) Traducir e modernismo catalán Editar o valor em Wikidata
ProfesoresWladimir Hegel (pt) Traducir, Dimitrie Gerota, Ion Georgescu (pt) Traducir, Antonin Mercier e Auguste Rodin Editar o valor em Wikidata
AlumnosHanna Ben Dov (pt) Traducir, Miliţa Petraşcu (pt) Traducir, Gheorghe Anghel (pt) Traducir, Alexandru Călinescu (pt) Traducir, Amedeo Modigliani, Romul Ladea (pt) Traducir e Isamu Noguchi Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en

IMDB: nm5708357 Find a Grave: 4928 Editar o valor em Wikidata
Constantin Brâncuşi, 1905.

Traxectoria editar

Brancusi estudou arte en Craiova (cidade do distrito Dolj, Romanía) desde 1894 a 1898. Logo continuou os seus estudos na Escola Nacional de Belas Artes en Bucarest desde 1898 ata 1901. Chegou a París en 1904 para perfeccionar os seus estudos. Como estudante de arte foi influído por Auguste Rodin e foi un dos primeiros artistas da arte moderna. Estableceu amizade con Amedeo Modigliani, Erik Satie e Marcel Duchamp. A súa obra evolucionou cara a unha eliminación dos detalles que o conduciu case á abstracción. Realizou unha serie de esculturas en metal chamadas "Paxaro no Espazo".

En Târgu Jiu hai un conxunto escultórico realizado por el de grande importancia. Estas obras atópanse dispostas en liña recta e son:

Este conxunto escultórico simboliza a vida do ser humano.

A Mesa do Silencio e a Porta do Bico atópanse no parque principal da cidade; entre as mesmas atópanse cadeiras tamén feitas por Brancusi e seguindo a imaxinaria liña determinada por estas dúas, chégase a unha das igrexas ortodoxas da cidade. Continuando aínda máis por esta liña, chégase á Columna do Infinito (considerada a súa obra cume) situada tamén nun parque. Entre as obras de Brancusi atópanse: Nai dormente (1906-10), O Bico (1908), A Sabedoría (1909), Prometeo (1911), O Comezo do Mundo (1924), O Paxaro (1924-49), A Columna do Infinito (1933), O Espírito de Buda (1933) e A Galiña (1941).

Brancusi morreu en Francia. Atópase enterrado no cemiterio de Montparnasse, París.

Unha das súas obras foi vendida en 11.1 millóns de dólares estadounidenses.