Comisión Juncker

A Comisión Juncker é a Comisión Europea formada en 2014 e presidida polo ex-primeiro ministro luxemburgués Jean-Claude Juncker.

A composición da comisión Juncker foi anunciada nos primeiros días de setembro de 2014.

Membros da ComisiónEditar

A Comisión está formada por 14 comisarios conservadores, 8 socialdemócratas, 5 liberais e 1 pertencente ao grupo dos Reformistas europeos que procede do Partido Conservador británico. Deles, 19 son homes, e 9 mulleres.