Comarca de Asón-Agüera

A Comarca de Asón-Agüera é unha comarca histórica de Cantabria, en España. Atópase nos cursos altos dos ríos Asón e Agüera, moi preto do límite con Biscaia (País Vasco). Abarca a conca pola que discorre o río Asón e os seus afluentes como o río Gándara. A súa capital é Ramales de la Victoria.

Comarca de Asón-Agüera
Ason Cantabria.png
CapitalRamales de la Victoria
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCantabria Cantabria
Concellos9
Poboacion14.240 hab. (2005)
Superficie561,28 km²
Densidade25,37 hab/km²

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]

A poboación total da comarca alcanza a cifra de 14.240 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Ampuero (3.951), Ramales de la Victoria (2.333) e Guriezo (2.101). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: Valle de Villaverde (373), Arredondo (558) e Rasines (999).

ConcellosEditar

Concellos máis poboados da comarca
Posición Concello Poboación
Ampuero 3.682
Ramales de la Victoria 2.312
Guriezo 1.979

XeografíaEditar

Val do AsónEditar

O val do Asón destaca polos seus escabrosos macizos calizos, que albergan no seu interior unha extraordinaria riqueza espeleológica, así como majestuosos e interesantes centenarios bosques de haxas, carballos e aciñeiras, sen dúbida os máis notables da zona oriental de Cantabria. Cabe destacar as súas belas paisaxes de montaña aos que se unen os vales con verdes praderias.

Val de SobaEditar

Este val é percorrido polo río Gándara, afluente do Asón. Os límites históricos e municipais de Soba exceden aos do val xeograficamente entendido, e inclúen tamén a cabeceira do Asón, a marxe dereita do val do río Miera (Valdició, localidade do municipio de Soba) e a marxe esquerda do val do río Calera, limítrofe coa provincia de Biscaia.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria. [1] Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar