Collocalia troglodytes

especie de ave

A salangana pigmea, Collocalia troglodytes, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos, unha das catro integradas no xénero Collocalia.

Collocalia troglodytes
Salangana pigmea
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Tribo: Collocaliini
Xénero: Collocalia
Especie: C. troglodytes
Nome binomial
Collocalia troglodytes
(G. R. Gray, 1845)
Área de distribución de C. troglodytes no arquipélago filipino
Área de distribución de C. troglodytes no arquipélago filipino

Endémica de Filipinas, é unha especie voadora que nidifica en covas, da que non se coñecen subespecies.[2]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1845 polo naturalista británico e George Robert Gray,[2] co nome binomial de Callocalia [sic] troglodytes,[3] na súa obra Genera of Birds. Volume 1 (1844-1848). Londres: Longman, Brawn, Green and Longmans, 1849.

Etimoloxía editar

Para a do xénero, véxase Collocalia.

O epíteto específico, troglodytes, está tirado do grego antigo τρωγλοδύτης trōglodýtēs, "o que vive nas cavernas". (En referencia ás tribos identificadasen varios lugares por escritores antigos de homes que vivían en covas; por Heródoto sitúaos na costa africana do mar Vermello), literalmente "aquel que se arrastra polos buratos".[4][5] Segundo Heródoto, eran os homes máis rápidos do mundo á carreira, e posuían unha lingua que non se parecía a ningunha outra, xa que emitían uns chíos como os dos morcegos.[6]

Nome vulgar editar

En galego o seu nome é salangana pigmea.[7][8]

Características editar

A salangana pigmea mide 9 cm de lonxitude e pesa 5,4 g, de media, o que a converte no apódido máis pequeno do mundo.[9]

A plumaxe das súas partes superiores é negra, agás o uropixio que é branco, mentres que as partes inferiores son grises.

Aniñan en completa escuridade en covas, e teñen a capacidade de ecolocalización, é dicir de situar un obxecto mediante un son que emiten e que é reflectido, como fan outras especies de salanganas, e tamén outros animais como os golfiños e os morcegos. Esta capacidade foi comprobada recentemente, cando foi descuberta facendo ruídos cliqueantes dentro e fóra das súas covas.[10]

Hábitat, distribución e poboación editar

Hábitat editar

O seu hábitat natural son os bosques tropicais e subtropicais húmidos de monte raso,[1] onde se alimentan de insectos que apañan en voo.

Distribución editar

Como quedou dito, Collocalia troglodytes é endémica das illas Filipinas,[1] e a súa área de distribución pode verse nas mapa adxunto.

Poboación editar

Non se cuantificou o tamaño da súa poboación, pero a especie é bastante común.[11] Porén, considérase que está en declive debido á perda do seu hábitat.[12]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, a pesar de que a tendencia de poboación parece diminuír, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para aproximarse aos limiares de "vulnerábel", polo que a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2018): Collocalia troglodytes na lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 24 de outubro de 2019.
  2. 2,0 2,1 Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2019): Ver Collocalia troglodytes na páxina Family Apodidae na World Bird List. Versión 9.2. do Congreso Ornitolóxico Internacional. Consultada o 24 de outubro de 2019.
  3. Salangana Chica. Collocalia troglodytes Gray, G. R., 1845 en AviBase.
  4. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 391. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  5. troglodyte no Online Etymology Dictionary.
  6. Heródoto, Historia, IV, 183, 4.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pigmeo.
  9. Collins, Charles T. (1991), en Forshaw, Joseph. ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. Londres: Merehurst Press. ISBN 1-85391-186-0, pp. 134–136.
  10. Price et al. 2004.
  11. del Hoyo, Josep et al. 1999.
  12. Tracewski, Ł.; Butchart, S. H.; Di Marco, M.; Ficetola, G. F.; Rondinini, C.; Symes, A.; Wheatley, H.; Beresford, A E. & Buchanan, G. M. (2016): "Toward quantification of the impact of 21st-century deforestation on the extinction risk of terrestrial vertebrates". Conserv. Biol. 30 (5):1070-9.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar