Abrir o menú principal

Nasua

xénero de mamíferos
(Redirixido desde "Coatí")

Nasua
Coati.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Procyonidae
Subfamilia: Procyoninae
Xénero: ''Nasua''
Especies
Véxase o texto

Nasua é un xénero de pequenos mamíferos omnívoros americanos da superfamilia Canoidea e a familia dos prociónidos. Reciben o nome de coatís.[1]

DistribuciónEditar

 
Coatí, Parque Nacional Iguazú.

Habitan en América dende o sur dos Estados Unidos até as provincias arxentinas de Córdoba, Entre Ríos, Tucumán, Misiones e o noroeste do Uruguai. Están adaptados principalmente a biomas cálidos e tépedos nos que predomine unha foresta densa, sendo a poboación de Arizona case unha excepción. Tamén se atopan nalgunhas zonas de México como Quintana Roo (Playa del Carmen), Iucatán (Costa) e Novo León (Sierra Madre).

CaracterísticasEditar

Miden entre 40 a 140 cm de lonxitude, segundo a especie. O máis frecuente é que os exemplares adultos midan máis de 80 cm. Nesta medición cóntase a súa alongada cola que ten por si soa unha lonxitude equiparable á do resto do corpo. As súas alturas a nivel da cruz son moi reducidas (raramente máis de 30 cm). Posúen extremidades curtas concluídas en fortes unllas que lles permiten furar chans de terra bastante duros, fociño alongado e puntiagudo que lles facilita un excelente olfacto, ollos relativamente grandes e orellas curtas.

A pelame dos coatís ten cores que varían dende o castaño ó negro pasando polo avermellado.

EspeciesEditar

NotasEditar

  1. Definición de coatí no Dicionario de Galego.

Véxase taménEditar