Citharus linguatula
Citharus linguatula Rapapelos bicudo, rascón bicudo | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Citharus linguatula (Linnaeus, 1758) [2] |
Citharus linguatula é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos citáridos,[2] a única do xénero Citharus,[1][3] coñecida en galego como rapapelos bicudo e rascón bicudo.[4]
Taxonomía
editar- O xénero foi fundado en 1793 polo ictiólogo sueco Peter Artedi,[5] que é coñecido como o "pai da ictioloxía".
- A especie foi descrita por primeira vez en 1758 polo naturalista sueco Carolus Linnaeus, que foi o editor da obra de Artedi, baixo o nome de Pleuronectes linguatula.[1]
Sinónimos
editarAo longo do tempo, a especie foi coñecida, ademais de polo nome orixinario de Linneo, e polo actualmente válido, polos seguintes sinónimos:[2]
- Citharus macrolepidotus (Bloch, 1787)
- Pleuronectes citharus Spinola, 1807
- Pleuronectes macrolepidotus Bloch, 1787
- Pleuronectes patarachia Nardo, 1847
Etimoloxías
editar- Xénero
Citharus é a forma masculiniza do latín clásico da voz citara -ae, "cítara", debido ao seu parecido á forma deste instrumento musical.
- Especie
O nome específico, linguatula, é un diminutivo do latín científico do termo do latín clásico lingua, -ae,. "lingua".
Características
editarAs principais características morfolóxicas desta especie son:[6][7][8]
- Corpo ovalado, alongado e deprimido, de até os 30 cm de lonxitude como máximo (aínda que o tamaño medio dos espécimes capturados rolda os 15 cm), cuberto de escamas grandes e facilmente caedizas, en número dunhas 50 na liña lonxitudinal máxima.
- O perfil superior da cabeza é cóncavo, e o fociño é lixeiramente máis longo que o diámetro do ollo. Ambos os ollos están no lado esquerdo (o superior un pouco máis avanzado que o inferior).
- A boca é ancha e forma un ángulo de cerca de 45° co eixe do corpo. As mandíbulas son prominentes.
- A aleta dorsal ten de 64 e 73 raios, dos cales os primeiros 3 ou 4 son simples e o resto, bífidos. Os primeiros 6 ou 8 insírense no lado cego.
- Os raios das aletas anal, ventrais e caudal tamén son bífidos.
- A coloración da cara pigmentada é areosa clara, translúcida, abrancazada ou agrisada. Normalmente hai unhas manchas pardas ou negras nas marxes do corpo cara ao final da as aletas dorsal e anal.
Hábitat, distribución e bioloxía
editarÉ un peixe mariño, demersal, que habita en augas subtropicais, na plataforma continental e no comezo do talude continental até os 300 m de profundidade (raramente, até os 200 m), sobre fondos areosos e lamacentos.[9]
Distribúese polas costas do Atlántico oriental, desde o mar Cantábrico até Angola (até os 23° S), e en todo o mar Mediterráneo.[9]
Aliméntase de pequenos peixes e crustáceos bentónicos.[9]
Pesca
editarCitharus linguatula é unha especie comestíbel, e péscase para consumo local nas áreas onde vive (Atlántico nororiental, centroorinetal e suroriental, e Mediterráneo),[4] xa que e a súa importancia económica é escasa.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Citharus Artedi, 1793 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Citharus linguatula (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
- ↑ Citharus linguatula (C. Linnaeus, 1758) en The Taxonomicon.
- ↑ 4,0 4,1 Lahuierta e Vázquez (2000), p. 84.
- ↑ Citharus Artedi, 1793 no WoRMS.
- ↑ Duran i Ordinyana, Miquel (2010): Noms i descripcions dels peixos de la mar Catalana. Tom II. Osteïctis (2a part). Palma: Editorial Moll, p. 289.
- ↑ Nielsen, J. G., (1990): "Citharidae". En: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2.
- ↑ Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux". En: A W. Fischer, M. L. Bauchot e M. Schneider, eds.: Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Roma, p. 1047.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2012): Citharus linguatula en FishBase.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Citharus linguatula |
Bibliografía
editar- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Citharus linguatula Arquivado 20 de xuño de 2015 en Wayback Machine. na Encyclopedia of Life. Informacións, imaxes e mapa de distribución (en inglés).