A dos citáridos (Citharidae) é unha pequena familia de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos.

Tres dos seus xéneros habitan na rexión Indo-Pacífica, mentres que Citharus vive no Mediterráneo e no Atlántico oriental, no noroeste de África.

A familia comprende un total de sete especies, que alcanzan lonxitudes que varían entre os 14 e os 36 cm.

Características editar

A diferenza doutras familias desta orde, non está tan avanzada a asimetría corporal: os citáridos teñen os ollos a ambos os lados da cabeza, nas aletas pelvianas teñen unha espiña e cinco raios brandos, ambas de igual tamaño e cunha base estreita, e as aletas pectorais están ben desenvolvidas.[2][3]

Taxonomía editar

A familia dos Citharidae foi descrita en 1935 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.[1]

Sinónimos editar

Ademais de por este nome, coñécese polo sinónimo Brachypleurinae Chabanaud, 1937.

Etimoloxía editar

O nome da familia, Citharidae, está formado sobre a base do nome do seu xénero tipo, Citharus, e a desinencia do latín científico -idae, propia das familias de animais.

Pola súa parte, Citharus é a forma masculiniza do latín clásico da voz citara -ae, "cítara", debido ao seu parecido á forma deste instrumento musical.

Clasificación editar

Aínda que hai controversia, xa que debe clarificarse o status do xénero Citharus,[2] podemos considerar que a familia subdivídese en dúas subfamilias, cun total de 7 especies agrupadas en 4 xéneros:

Familia Citharidae

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Citharidae de Buen, 1935 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Family Citharidae en FishBase (en inglés).
  3. Nelson, J. S. (2006).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar