Circuíto Internacional de Buddh
O Circuito Internacional de Buddh (hindi: बुद्ध अंतरराष्ट्रीय परिपथ) é un circuíto indio de automobilismo situado na Rexión da Capital Nacional en Gran Noida, Uttar Pradesh[1] India. A pista comparte o seu nome con Gautama Buddha, ao igual que o distrito no que se atopa a pista.
Circuíto Internacional Buddh | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | Outubro 2011 |
Outros nomes | |
Carreiras | F1 |
Localización | Greater Noida, Uttar Pradesh, India |
Capacidade | 120.000 |
Lonxitude | 5,137 km |
Curvas | 16 |
Volta rápida | 1:27.249 |
Piloto récord | Sebastian Vettel |
Escudería récord | Red Bull |
Coordenadas | |
Vista do circuíto | |
A pista inaugurouse oficialmente o 18 de outubro de 2011.[2] O circuíto de {5,125 km. de longo foi deseñado polo deseñador alemán de pistas Hermann Tilke.[3][4]
O circuíto foi famoso como sede anual do Gran Premio da India de Fórmula Un, que se celebrou por primeira vez en outubro de 2011.[5] Non obstante, o Gran Premio foi suspendido para 2014 e posteriormente cancelado debido a unha disputa fiscal co Goberno de Uttar Pradesh durante a administración do Akhilesh Yadav.[6]
Deseño
editarO órgano reitor da Fórmula Un, a FIA, anunciou a inclusión do Gran Premio de Gran India en outubro de 2011. Estímase que custou ao redor de 400 millóns de euros. Ten unha lonxitude de 5´125 km e unha área de 354 ha. e unha capacidade de 150.000 lugares sentados, ampliables a 200.000,[7] máis tarde.
Circuíto
editarO circuíto forma parte dos 10 km² da Cidade Deportiva Jaypee Greens,[8] na que está previsto incluír un estadio de crícket o Greater Noida Cricket Stadium con 100.000 asentos, un campo de golf de 18 buratos, un estadio de hóckey de 25.000 asentos e unha academia de deportes.
Nome
editarOrixinalmente coñecida como "Circuíto Jaypee Group" ou "Jaypee International Race Circuit" polos propietarios do circuíto, o circuíto foi nomeado oficialmente Buddh International Circuit en abril de 2011. De acordo con Sameer Gaur, o Director Xerente e Director Executivo de Jaypee Sports Internacional, o nome derívase da palabra Buda, e representa a paz e a calma. O nome tamén é unha referencia ao distrito de Gautam Budh Nagar, no que se atopa o circuíto.
Palmarés
editarTodos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Budh
editarNº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneus. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2011 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:30:35,002 h | 5,125 km | 60 | 204,157 km/h | 30. outubro | India |
2 | 2012 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:31:10,744 h | 5,125 km | 60 | 202,842 km/h | 28. outubro | |
3 | 2013 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:31:12,187 h | 5,125 km | 60 | 202,296 km/h | 27. outubro |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Notas
editar- ↑ Mansi Taneja (26 de outubro de 2013). "As F1 cars zoom in Buddh circuit, realty prices soar along expressway". Business Standard. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Indian F1 venue Buddh International Circuit to open today". OnCars. 2011-10-18. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 2013-10-27.
- ↑ "Drivers praise Indian Grand Prix circuit - BBC Sport". 2018-11-05. Arquivado dende o orixinal o 2018-11-05. Consultado o 2018-11-05.
- ↑ "Philosophy behind the Buddh International Circuit" (PDF). Jaypee Sports. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2011.
- ↑ "India company says on track for 2011 F1 race". Reuters. 15 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 2009-10-21.
- ↑ "Ecclestone rules out 2015 Indian GP". The Hindu. 22 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2014.
- ↑ Deepa Jainani (16 de xaneiro de 2009). "India on course for 2011 F1 Grand Prix". The Financial Express. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 2009-10-21.
- ↑ "Jaypee". The Times Of India. 4 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto Internacional de Buddh |