Choiva ácida

(Redirección desde «Chuvia ácida»)

A choiva ácida ou chuvia ácida[1] caracterízase por un pH inferior a 4,5 por conter ácidos, orixinados polo xofre proveniente das impurezas da queima dos combustíbeis fósiles e polo nitróxeno do aire, que se combinan co osíxeno para formar dióxido de xofre e dióxido de nitróxeno, os cales difunden pola atmosfera e reaccionan coa auga para formar ácido sulfúrico e ácido nítrico, que son solúbeis en auga. Tamén se forma algo de ácido clorhídrico.

Bosque estragado pola chuvia ácida, na República Checa
Efectos da chuvia ácida

As choivas normais teñen un pH de aproximadamente 5,6, que é levemente ácido. Esa acidez natural é causada pola disociación do dióxido de carbono na auga, formando o ácido carbónico, segundo a reacción:

Os principais fenómenos naturais que contribúen á produción de gases ácidos lanzados á atmosfera son as emisións dos volcáns e procesos biolóxicos que ocorren nos solos, pantanos e océanos. Os efectos da deposición ácida foron detectados nos glaciares hai milleiros de anos en partes remotas da Terra.

As principais fontes humanas deses gases son as industrias, as centrais termoelétricas e os vehículos de transporte. Os gases poden ser transportados milleiros de quilómetros na atmosfera antes de seren convertidos en ácidos e entón precipitados.

A choiva ácida industrial é un problema substancial na China, Europa Occidental, Rusia e en áreas baixo a influencia de correntes de aire provenientes deses países. Esas áreas queiman carbón con xofre na súa composición para xerar calor e electricidade.

Formación

editar

Unha posible reacción de formación da choiva ácida é a que segue:

 

Evidencias dun crecente aumento nos niveis de choiva ácida veñen da análise das capas de xeo procedentes de glaciares. Estas análises mostran unha repentina diminución do pH a partir da Revolución Industrial, de 6 a 4,5 ou 4. Outras informacións foron colectadas a través dos estudos de diatomeas que habitaban os lagos. Co trascurso dos anos, foron morrendo e resultaron depositadas en capas de sedimentos no fondo dos lagos. As diatomeas soportan certas variacións de pH, logo o número deses organismos atopados en capas de maior profundidade serve como indicador das mudanzas de pH ao longo dos anos.

Desde a Revolución Industrial as emisións de óxidos de xofre e nitróxeno na atmosfera aumentaron. As industrias e centrais termoelétricas que queiman combustibles fósiles, principalmente o carbón, son a principal fonte deses gases. Xa chegaron a rexistrarse variacións de pH de 2,4 en áreas industriais. Eses contaminantes, máis o sector de transportes, son os grandes responsábeis do aumento dos óxidos de nitróxeno.

O problema da choiva ácida non só aumentou co crecemento de poboación e industrial, senón que se espallou. O uso de grandes chemineas para reducir a contaminación contribuíu á diseminación da choiva ácida, liberando gases na atmosfera da rexión. Algunhas veces, a precipitación ocorre a unha distancia considerable, e as rexións montañosas reciben a maior parte (debido ás chamadas choivas de montaña). Un exemplo deste efecto é o baixo pH das choivas da Escandinavia comparado cos niveis de óxidos que libera esta zona.

Hai unha forte relación entre baixos niveis de pH e a perda de poboacións de peixes en lagos. Cun pH menor de 4,5, practicamente ningún peixe sobrevive, mentres que os niveis iguais a 6 ou superiores promoven poboacións saudables. Os ácidos na auga inhiben a produción das encimas que permiten que as larvas de troita escapen das súas ovas. O baixo pH tamén fai circular metais pesados como o aluminio nos lagos. O aluminio fai que algúns peixes produzan moco en exceso ao redor das súas guerlas, prexudicando a respiración. O crecemento de fitoplancto é inhibido polos grandes niveis de acidez e perxudícanse os animais que se alimentan deles.

Moitos lagos son afectados ao recibiren e concentraren o ácido proveniente de solos ácidos. Este fenómeno pode ser desencadeado por un patrón de choiva que concentre o ácido. Un lago de augas ácidas, con peixes mortos recentemente, pode non ser proba de contaminación extrema do ar.

A choiva ácida prexudica as árbores de varios modos. A superficie cerosa das súas follas é rompida e pérdense nutrientes, tornando as árbores máis susceptibles ao xeo, fungos e insectos. O crecemento das raíces tórnase máis lento e, en consecuencia, absorben menos nutrientes. Os ións tóxicos acumúlanse no solo e os minerais valiosos son dispersados ou (no caso dos fosfatos) tórnanse próximos á arxila.

Os ións tóxicos liberados debido á choiva ácida constitúen a maior ameaza para os seres humanos. O cobre mobilizado foi implicado nas epidemias de diarrea nas meniñas e meniños [Cómpre referencia], e considerase que existen ligazóns entre o abastecimento de auga contaminada con aluminio e a ocorrencia de casos da doenza de alzhéimer [Cómpre referencia].

Historia

editar

A ocorrencia de choiva ácida foi primeiro relatada en Manchester, en Inglaterra, un importante centro durante a Revolución Industrial. En 1852, Robert Angus Smith identificou a correlación entre a choiva ácida e a contaminación atmosférica. A expresión choiva ácida foi empregada por el en 1872, e observou que esa choiva ácida podía levar á destrución da natureza. Aínda que a choiva ácida xa se descubriu no 1852, non foi ata a década de 1970 cando os científicos comezaron a observala.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chuvia ácida.