O EMEP, siglas internacionais do Programa Europeo de Avaliación e Mostraxe (en inglés European Monitoring and Evaluation Programme) é unha iniciativa de diagnose da polución e a contaminación atmosférica a nivel europeo.

HistoriaEditar

En 1979 asínase en Xenebra o Tratado sobre a Polución Aérea Transfronteiriza a Longa Distancia, por 31 estados de todo o mundo, entre eles España e Portugal, e entrou en vigor en 1983. O acordo trata de avaliar e controlar as emisións contaminantes á atmosfera dende a base de que os factores poluíntes teñen a súa repercusión en países e áreas moi afastadas do punto de emisión.

Como consecuencia do tratado, os estados europeos asinantes crearon o programa EMEP, en paralelo á NAPAP estadounidense. O EMEP centrábase ao comezo na acidificación e na eutrofización, pero cos anos foise ampliando a outro tipo de indicadores da contaminación atmosférica, o que inclúe tamén o po, o ozono e outros elementos químicos. Estes factores cobren emisións de fondo, que teñen unha gran persistencia na atmosfera, e non contaminacións producidas por emisións ou combustións puntuais.

O EMEP en GalizaEditar

España é un dos países asinantes do Tratado dende e en Galicia existen dúas estacións de vixilancia, unha delas na Bugalla (O Saviñao), e outra en Lousame, na península do Barbanza. Esta última foi aberta en 2008.

Próximas a Galiza hai estacións atmosféricas en Viana do Castelo e Braganza (en Portugal), e Llanes e Peñausende (en España).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar