Churrigueresco
O churrigueresco é un estilo extravagante de arquitectura e decoración, popular en España e en América Latina (especialmente en México e no Perú) no século XVIII, época do barroco, tamén usado algunhas veces para definir libremente, como un todo, o barroco e o rococó serodios na arquitectura española. É polo tanto un estilo barroco que presenta máis ornamentación. Foron construcións de retablos efémeros e tamén no arquitectónico.
A designación ten orixe na familia Churriguera, escultores de Salamanca, a quen se deben as principais contribucións para este estilo, notabelmente José Benito Churriguera, Manuel de Lara Churriguera e Nicolás Churriguera
En Galiza, malia non ter moita pegada, si aparece nalgúns retablos, coma no Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela. Porén deixa claramente a súa pegada na fachada barroca profusamente ornamentada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela, de Fernando de Casas Novoa.
Galería de imaxesEditar
A Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela é un exemplo de barroco churrigueresco.
Plaza Mayor de Salamanca (1729-1755), España.
Igrexa de San Francisco Javier en Tepotzotlán, Estado de México, México.
Fachada da Basílica de Nosa Señora da Mercé de Lima, Perú.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Churrigueresco |