Charrasquiño

Baile tradicional galego

O charrasquiño, ou carrasquiño, é un baile agarrado galego similar ao valse.

Charrasquiño
Agarrados galegos. Infografía
Orixe culturalGalicia Galicia
Zona de conservaciónCaldas
Ordes
Sar
Instrumentos típicosPandeireta
Canto
Derivado deValse

Características

editar

De compás ternario, o baile foi recollido en distintos concellos do occidente galego: Tordoia, Carcacía, Caldas de Reis, etc.[1] Acompáñase con canto e pandeiretas, as cantareiras determinan o seu ritmo polas cantigas que botan e que son acompañadas polos bailadores.[2] O baile atópase, con variantes en nome, música e letra, por toda a Península Ibérica.[3]

Referencias

editar
  1. Martínez San Martín (1998). p.130
  2. Camafeita, Olga (2001). "Charrasquiño". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  3. Lorenzo Fernández, Xaquín. Cantigueiro popular da Limia Baixa. Galaxia. pp. 250–251. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar