Charles Duke
Charles Moss Duke Jr., nado en Charlotte (Carolina do Norte) o 3 de outubro de 1935, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión Apolo 16. Pasou un total de 11,08 días no espazo.[1][2]
Charles Duke | |
---|---|
![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 3 de outubro de 1935 |
Lugar | Charlotte, Carolina do Norte |
Actividade | |
Misións | Apollo 16 |
Tempo no espazo | 11,08 días |
Premios | Lexionario da Lexión do Mérito, United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA, Distinguished Eagle Scout Award, Air Force Distinguished Service Medal e International Space Hall of Fame |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Duke foi o décimo e máis novo home en camiñar sobre a Lúa. Graduouse en ciencias pola Academia Navala dos Estados Unidos en 1957. É máster en Aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1964.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA mentres exercía de piloto de probas en abril de 1966, formando parte dos 19 astronautas seleccionados para formar parte do Proxecto Apollo. Foi membro da tripulación de soporte da misión Apollo 10 e CAPCOM da misión Apollo 11. Foi piloto de apoio do módulo lunar da Apollo 13.[1]
Duke foi piloto do módulo lunar na misión Apollo 16 entre o 16 e o 27 de abril de 1972. O resto da tripulación estaba formada por John Young (comandante) e Thomas Mattingly (piloto do módulo de mando). Apollo 16 aterrou na rexión lunar de Descartes para estudar a zona e tomar mostras para o seu estudo. Duke pasou un total de 11,08 días no espazo. Retirouse da NASA en decembro de 1975 para pasar a traballar no sector priado, sendo propietario de Inversións Duke e presidente de Charlie Duke Enterprises.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Duke, Charles Moss Jr 'Chuck'" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 NASA (ed.). "Charles M. DUKE, Jr." (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Duke |