Charles Hermite

matemático francés

Charles Hermite, nado en Dieuze o 24 de decembro de 1822 e finado en París o 14 de xaneiro de 1901[1] foi un matemático francés que investigou no campo da teoría de números, sobre as formas cuadráticas, polinomios ortogonais e funcións elípticas, e na álxebra. Varias entidades matemáticas chámanse hermitianas[2] na súa honra. Tamén é coñecido pola interpolación polinómica de Hermite.

Charles Hermite
Hermite ca. 1887
Datos persoais
Nacemento24 de decembro de 1822
LugarDieuze
Falecemento14 de xaneiro de 1901
LugarParís
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Actividade
Campomatemático, profesor universitario, senior lecturer e professeur des universités
Alma máterUniversidade de Nancy
Director de teseEugène Charles Catalan
Alumnos de teseLéon Charve
Henri Padé
Mihailo Petrović
Henri Poincaré
Thomas Stieltjes
Jules Tannery
Contribucións e premios
Coñecido porTranscendencia de e
Matriz hermitiana
Premiosgrande oficial da Lexión de Honor, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes e Foreign Member of the Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Foi o primeiro que demostrou que e é un número transcendente e non a raíz dunha ecuación alxébrica ou polinómica con coeficientes racionais. Ferdinand von Lindemann seguiu o seu método para probar a transcendencia de π (1882).

Traxectoria editar

Foi titular da cátedra de Álxebra superior na Facultade de Ciencias de París, sucedendo a Jean-Marie Duhamel de 1871 a 1898, e profesor de Análise na École polytechnique de 1869 a 1878.[3]

Entrou a formar parte da Academia de Ciencias Francesa en 1856 en substitución de Jacques Binet, e pasou a presidila en 1890. Foi nomeado gran oficial da Lexión de Honra e recibiu a gran cruz da Estrela polar de Suecia.

Casou coa irmá do matemático Joseph Bertrand, e foi sogro do matemático Émile Picard e do enxeñeiro Georges Forestier.

A maior parte das súas obras foron recompiladas e publicadas despois da súa morte por Émile Picard. A súa correspondencia con Stieltjes publicouse en 1903.

Algunhas publicacións editar

Honras editar

Eponimia editar

Notas editar

  1. Linehan 1910.
  2. Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas. Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-369-1. 
  3. O'Connor & Robertson 2001.
  4. "Centro Charles Hermite". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 16 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar