Chaira de Siberia Occidental
A chaira de Siberia Occidental (en ruso: Западно-Сибирская равнина) é unha gran chaira que ocupa a parte occidental de Siberia, que foi descrita como a maior extensión de terras baixas ininterrompidas do mundo: máis da metade da súa superficie está a menos de cen metros sobre o nivel do mar.[1]
Tipo | chaira floresta temperada de coníferas (pt) Russian Large Landscape (en) | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Siberia | |||
Localización | ||||
División administrativa | Rusia | |||
| ||||
Cobre unha área de 2 700 000 km², a terceira parte de Siberia,[2] e esténdese en dirección norte-sur por 2500 km, dende o océano Ártico ata o macizo de Altai, os montes Saian e as montañas Baikal, e en dirección leste-oeste 1900 km, dende o río Ienisei aos montes Urais.
A chaira ten oito rexións con vexetación diferente: tundra, bosque-tundra, taiga setentrional, taiga media, taiga meridional, bosques de subtaiga, bosque-estepa e estepa. O número de especies animais na chaira de Siberia Occidental vai dende unhas 107 na tundra a 278 ou máis na rexión de bosque-estepa.
Os principais ríos da chaira son o Obi, o Irtysh e o Ienisei. Dado que todos estes ríos desaugan en dirección norte cara ao Ártico, na primavera comezan a desxear as partes máis meridionais que non poden desaugar dado que as partes do norte aínda se manteñen xeadas; por iso todos estes ríos desbordan, anegando amplas zonas próximas e deixando grandes lagos e pantanos. É unha das zonas pantanosas máis grandes do mundo (considérase que o maior pantano individual do mundo son os pantanos de Vasiugan, cunha área de 51 600 km²), o que fai a rexión moi pouco apropiada para a agricultura. As principais cidades da rexión son Surgut e Nizhnevartovsk. Os invernos na chaira de Siberia Occidental son duros e longos, cun clima subártico ou continental.
Existen grandes reservas de petróleo e gas natural. A maior parte da produción de petróleo e gas extraeuse desta zona durante as décadas de 1970 e 1980.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
editar- NASA Images: West Siberian PlainArquivado 11 de outubro de 2006 en Wayback Machine.
- Topography and Drainage of Russia
- Peatlands of the World: Russia — Siberia Arquivado 27 de setembro de 2006 en Wayback Machine.