Cesare Beccaria
Cesare Beccaria (15 de marzo de 1738 – 28 de novembro de 1794) foi un filósofo, xurista, economista e político italiano coñecido polo seu tratado Dei delitti e delle pene (1764), no cal condenaba a tortura e a pena de morte, e é unha das obras fundadoras da penoloxía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1738 Milán (Ducado de Milán) |
Morte | 20 de novembro de 1794 (56 anos) Milán (Ducado de Milán) |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Mojazza Cemetery (en) |
Educación | Universidade de Pavia - Juris Doctor |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, criminólogo, xurista, economista |
Empregador | Universidade de Milán |
Membro de | |
Movemento | Italian romanticism (en) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Marqués |
Familia | Beccaria |
Fillos | Giulia Beccaria |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Encyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) , (sec:Beccaria, Cesare (1738-1794), p.111-112) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Беккариа Чезаре) |
Nacemento e educación
editarNaceu en Milán, educouse no colexio xesuíta de Parma, amosou unha grande inquedanza polas matemáticas, pero o coñecemento da obra de Charles de Montesquieu redirixiu a súa atención cara a economía. A súa primeira obra, en 1762, foi un tratado sobre a desorde da moeda nos estados milaneses, cunha proposta para o seu remedio. Beccaria, xunto os irmáns Alessandro e Pietro Verri e outros mozos da aristocracia milanesa formou unha sociedade literaria, chamada "L'Accademia dei pugni".
Publicacións
editarDei delitti e delle pene
editarOs irmáns Verri e Beccaria comezaron unha importante movemento cultural reformista arredor do xornal Il Caffè, que se publicou no verán de 1764 e durou dous anos, e que estaba inspirada na revista literaria The Spectator de Addison e Steele e representaba un momento cultural enteiramente novo no norte de Italia, coa súa retórica ilustrada e o seu equilibrio entre temas sociopolíticos e literarios introduciron o máis recente pensamento, de Diderot a Voltaire.
En 1764 Beccaria deu ó prelo un breve pero celebrado tratado Dei delitti e delle pene, que marcou o cumio da ilustración milanesa. Beccaria argumentou por primeira vez contra a pena de morte, para el o estado non posuía o dereito de quitar vidas e por non ser unha forma nin útil nin necesaria de castigo; avogando pola reforma do sistema penal, establecendo que a xustiza criminal debería estar conformada por principios racionais, reflectindo as conviccións do grupo de Il Caffè. O volume tivo seis edicións nos seguintes dezaoito meses e André Morellet traduciuno ó francés en 1766 incluíndo un comentario anónimo de Voltaire. En 1767 traduciuse ao inglés e posteriormente a moitas outras linguas.
Política e vellez
editarOs principios ós que apelaba Beccaria eran a razón e o entendemento do estado como unha forma de contrato e, sobre todo, o principio de utilidade, ou a maior felicidade para o maior número. Cos irmáns Verri viaxou a París, onde tivo unha calorosa acollida por parte do grupo coñecido como os philosophes. Porén Beccaria abxurou deste grupo, rompeu cos irmáns Verri e volveu a Italia. As teorías de Beccaria sobre a reforma do código penal non as escoitaron os gobernos do seu tempo pero os seus argumentos utilizáronos os gobernos europeos cando reformaron os seus códigos penais para abolir a pena de morte, o Gran Ducado de Toscana, argumentando a súa falta de utilidade.
En novembro de 1768, Beccaria foi designado para a cátedra de leis e economía, expresamente formada para el, no Colexio Palatino de Milán. As súas leccións en economía política, que se basean estritamente en principios utilitarios seguen as teorías da escola inglesa de economistas, publicáronse no volume Scrittori Classici Italiani di Economia politica, vols. XI e XII).
En 1771, Beccaria entrou no Supremo Consello Económico e en 1791 foi un dos membros do comité para a reforma do código xudicial.