Ces Cotos

futbolista galego-venezolano

César Alejandro Rodríguez Cotos, coñecido como Ces Cotos, nado en Barquisimeto o 7 de marzo de 2000, é un futbolista galego-venezolano que xoga como centrocampista no Polvorín, da Segunda División RFEF.

Ces Cotos
Información persoal
Nome César Alejandro Rodríguez Cotos
Nacemento 7 de marzo de 2000
Lugar de nacemento Barquisimeto
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Polvorín
Número 18
Carreira xuvenil
2006–2010 Calasanz
2010–2019 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2020 Paiosaco 21 (1)
2020–2022 Ourense 49 (2)
2022– Polvorín 18 (1)
2022– Lugo 4 (0)
Selección nacional
Galicia sub-16
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de xullo de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De ascendencia ourensá,[1] naceu na cidade venezolana de Barquisimeto e aos cinco meses trasladouse coa súa familia a Galicia, instalándose na Coruña.[2] Comezou xogando ao fútbol no Calasanz, e en 2010, con 10 anos, ingresou na canteira do Deportivo da Coruña. Entrou en categoría alevín, e subiu polas diferentes categorías ata chegar ao equipo xuvenil da División de Honra.[3] Rematada a súa etapa como xuvenil, rexeitou saír cedido a algún equipo, e abandonou o Deportivo despois de 9 anos no club.[3]

Para a tempada 2019/20 fichou pola UD Paiosaco, co que xogou na Terceira División. A campaña seguinte fichou polo Ourense CF, no mesmo grupo da Terceira División española, onde militou tempada e media. No equipo ourensán disputou un total de 50 partidos, un deles na Copa do Rei ante o Leganés, da Segunda División.[4]

O 22 de xaneiro de 2022 asinou polo Olympiakos Volos da Segunda Superliga de Grecia.[5] Debutou unha semana despois, marcando un gol no empate 1-1 ante o Apollon Larissa FC.[6] Con todo, trala chegada dun novo adestrador, Timos Kavakas, foi relegado ao banco de suplentes.[3] Recuperou a titularidade no treito final da competición e marcou tres goles nos cinco últimos encontros, pero foron insuficientes para evitar o descenso do club á Gamma Ethniki.[3]

A continuación regresou a Galicia, fichando como novo xogador do Polvorín, da Segunda División RFEF. Fíxose rapidamente coa titularidade no filial do Lugo, adestrado por Trashorras, e o 22 de outubro de 2022, debutou co primeiro equipo na Segunda División. Foi na xornada 12, nunha vitoria por 2-0 sobre o Burgos no Anxo Carro, onde o técnico Hernán Pérez lle deu entrada na media hora final como substituto de Cuéllar.[1] Xogou tamén nas tres seguintes xornadas da categoría de prata e foi titular no partido de Copa do Rei ante o Arenas de Getxo en Gobela.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Meitín Buján, Ignacio (25 de outubro de 2022). "El Lugo pone alas a otro jugador del filial: Ces Cotos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  2. Garrote, Pepe (30 de agosto de 2020). "César se apunta al Ourense CF". La Región (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Lestón, Antón (24 de maio de 2022). "César Cotos: «En el extranjero haces un buen año y puedes salir en el Fifa»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Vázquez, Rosa (15 de decembro de 2020). "Un Ourense con 10 le pone caro el pase al Leganés" (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  5. "Ces Cotos deja un Ourense CF que no jugará en Lugo". 22 de enero de 2022. Consultado o 6 de febrero de 2022. 
  6. "Apollon Larisas 1-1 Olympiakos Volou". 30 de enero de 2022. Consultado o 6 de febrero de 2022. 
  7. "El Arenas deja K.O. al Lugo en la competición del K.O.". Marca (en castelán). 12 de novembro de 2022. Consultado o 2 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar