Centro Tecnolóxico do Mar

fundación de investigación mariña galega

O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) é unha fundación de interese galego constituída en 2001 por iniciativa da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos á que está adscrita, da Dirección Xeral de I+D+I da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Centro Tecnolóxico do Mar
Tipoorganización e fundación
Data de fundación2001
EnBouzas
PaísGalicia
42°13′38″N 8°45′06″O / 42.227333, -8.751586
Na rede
http://www.cetmar.org/
editar datos en Wikidata ]

O obxectivo fundamental do Centro é impulsar a mellora do medio mariño e os sectores que del dependen a través da cooperación entre institucións, centros de investigación e o sector marítimo-pesqueiro; fomentando a implicación dos sectores dependentes do mar en actividades de investigación, desenvolvemento e innovación e favorecendo a eficiencia de tódalas actividades relacionadas co uso e explotación do medio mariño.

O CETMAR ten a súa sede en Bouzas, Vigo.