Celso Pérez Enríquez
Celso Pérez Enríquez, coñecido como Celso de Poulo, nado o 1 de abril de 1885 en Cerdal (Gomesende) e finado no Alto do Forriolo o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1885 ![]() Cerdal, España ![]() |
Morte | 18 de agosto de 1936 ![]() Alto do Forriolo, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
![]() | |
16 de marzo de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, comerciante ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEmigrou a Porto Rico en 1902, con 17 anos. Retornou a Galicia en 1918 e coñeceu a que había ser a súa muller, Dolinda Pérez Fernández, coa que casou ao ano seguinte. Instalou unha tenda en Gomesende chamada El Recreo Obrero. Durante a Segunda República foi simpatizante da ORGA e do Partido Galeguista. Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, o 16 de marzo, o gobernador de Ourense nomeouno alcalde de Gomesende. O día 23, o Pleno da Deputación designouno deputado polo distrito de Celanova e Bande e representante da Xunta Provincial de Transporte.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á Prisión Provincial de Ourense, de onde pasou ao mosteiro de Celanova. Foi fusilado no Alto do Forriolo, na estrada entre Celanova e Xinzo de Limia, o 18 de agosto de 1936 e soterrado nunha foxa común. Os seus restos foron exhumados polo seu fillo Arturo Pérez Pereira en 1981.
O poeta Xoán Carlos Domínguez Alberte dedicoulle un poema.[1]
Notas
editar- ↑ Domínguez Alberte, Xoan Carlos (2009). Incivil. Toxosoutos. p. [cómpre nº de páxina]. ISBN 9788492792207.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pérez Viso, A. (2007). "Celso do Poulo. O asasinato do alcalde de Gomesende". Caderno Arraiano: 25–40.
- Veiga Taboada, M. (2005). "Non me matedes que deixo sete fillos" (PDF). Arraianos (3): 42–43. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10/12/2017. Consultado o 8/8/2013.
Ligazóns externas
editar- Méndez Ferrín, X. L. (4 de setembro de 2006). "No Furriolo (2)". Faro de Vigo.
Predecesor: ' |
Alcalde de Gomesende 1936 |
Sucesor: ' |