Lois Antón
escritor galego
Lois Antón Pérez, nado en Escudeiros (Ramirás) en 1931 e finado o 28 de xullo de 2018,[1] é un escritor galego, autor de teatro e poesía.
Lois Antón | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1931 |
Escudeiros | |
Falecemento | xullo de 2018 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
Xéneros | Poesía, Teatro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
De formación autodidacta, a súa obra é de carácter popular, destacando polo compromiso coa clase traballadora e coa reivindicación da nación galega, ademais dunha especial preocupación polo mundo da infancia. Foi colaborador de diversas causas solidarias, entre as que destacou a súa implicación na homenaxe aos represaliados no alto do Forriolo, e diversas colaboracións na revista Arraianos.
No ano 2017 foille concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega en recoñecemento a unha vida adicada a literatura popular en e desde Ramirás.[2]
ObrasEditar
PoesíaEditar
- Pequeno poemario para xente pequena, 2004.
- A máis fermosa roseira. Cantigas para a escola, 2005.
- Vellos e novos cantares. Regueifas e desafíos, 2012.
Obras colectivasEditar
- Represión, solidariedade e resistencia antifranquista, 2007.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
OutrasEditar
- Voz da terra, arela do pobo. Letras para o Lois Antón: Recoñecemento a un nacionalista galego de base, 2009. Editado pola Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás. Inspirada na súa figura.
- Aos bos e xenerosos. 2014. Edizer / Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás.
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Entrevista no xornal La Región
- Perfíl en As escollas electivas
- O autor no Caderno da crítica