Celestino López de Castro
médico galego
Celestino López de Castro, nado en Pontevedra en 1860 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1934,[1] foi un médico galego.
Celestino López de Castro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1860 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 30 de novembro de 1934 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1886.[2] Médico en Pontevedra, foi concelleiro. Fundou o Sanatorio Santa Teresa, primeiro sanatorio médico cirúrxico de Galicia, foi director do Hospital Provincial de Pontevedra e médico titular e forense do concello.[3] Colaborou en La Revista Popular e foi propietario do periódico Faro de Pontevedra (1911-1914).
Obras editar
- El servicio médico en los Caminos de Hierro. Breve reseña de los mejores medios para su organización, 1897.
- Peste bubónica. Influencia social y lucha por combatirla, 1915
Recoñecementos editar
- Cruz de Beneficencia de primeira clase en 1919 polos seus servizos durante a epidemia de gripe de 1918.
- A Sociedad Recreo de Artesanos promoveu a adquisición por subscrición popular dunha lápida para colocar na súa tumba no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra, obra do escultor José María Acuña.[4]