Faro de Pontevedra
Faro de Pontevedra foi un periódico editado en Pontevedra entre 1911 e 1914.
Faro de Pontevedra | |
---|---|
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Pontevedra |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarCo lema "Guerra al caciquismo",[1] pareceu o 15 de xaneiro de 1911. O seu propietario era Celestino López de Castro e estaba dirixido por Fernando Amil Soto. De periodicidade quincenal, saía os días 1 e 15 de cada mes. Contiña editorial e seccións de "sociedad", "política", "ayuntamiento", "telefonemas", "buzón de quejas", "noticias" e "avisos". Publicou algúns poemas en galego e castelán. Cesou co número 80 do 15 de maio de 1914.
Notas
editar- ↑ La Libertad, 26-11-1910, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Faro de Pontevedra". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Dobarro, X. M.; Fandiño, X. R. (2005). "Faro de Pontevedra". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. p. 183. ISBN 84-8288-137-X.